martes, 16 de xullo de 2013

PARQUE LIBRE DE COCHES.- Estáse voltando a encher o parque de coches cando ten unha celebración ou festa por pequena que sexa. Este domingo pasado unhas cincuenta persoas con unha cantarina musical chegaron cos seus coches até o palco da música abaixo para celebrar unha festa ou baile ou troula da terceira edade. Non é que eu teña nada contra estas persoas, que son moi libres de divertirse como gusten. O que me parece incorrecto é permitir o paso de vehículos polo corredor central do parque que dende fai anos estuvo prohibido e colocáronselle sendas cadeas estratéxigamente nos puntos de acceso. Permitir a entrada de coches no pulmón carballiñés non tardará en revelar un grave dano á natureza, además de ser un atentado á paisaxe forestal.




Ningún comentario:

Publicar un comentario