Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 5 de xullo de 2013
EMPRENDEDORES.- Qué boa idea a venta de sombreiros nas colas dos barcos para as Illas Cies. Dous ciudadáns de color e probablemente africanos venderon en pouco tempo máis de 50 sombreiros a 15 euros, tanto de home como de muller. Por qué non teñen estas ideas os cidadáns galegos? Será que a necesidade non apreta? É mellor emigrar e deixar que veñan outros a introducirse nos mercados? Os chinos están acabando co comercio patrio e ó único que fan os empresarios de "toda a vida" é quixarse de que están perdendo mercado ante a competencia desleal dos inmigrantes extranxeiros. Deberían adaptarse ás necesidás puntuáis dese mercado e ofrecer productos que poden ter saida e non desfases. Ben por esta xente que busca solucións inmediatas e sabe adaptarse ó medio concreto.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario