Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 1 de xullo de 2013
ILLAS CIES.- Este último sábado fun a este paraíso natural, despois de 16 ou 17 anos. A verdade é que un sinte a paixón pela natureza cando vai a lugares como éste, aillados da civilización. As praias limpas, a xente concienciada de cuidalas e o bon tempo fixeronme pasar un dia inesquecible. Dende a saida no barco coa compra do billete pola internet e a sua convalidación nunha máquina dándolle o apelido e número de localizador, a viaxe pola ria de Vigo vendo a península do Morrazo pola dereita e a Illa de Toralla pola esquerda, o Montefaro, as praias de Samil, O Bao, Canido, etc., Barra, Nerga...Sentir as ondas cando o barco entra en mar aberto. O paseio pelas duas illas unidas pola area. Queda para outra viaxe a subida ó faro para contemplar as vistas. Visitei pola mañá a praia de Rodas, considerada a mais perfecta do mundo, e pola tarde a chamada dos Alemás, onde ainda persiste a costume do nudismo, convivindo co resto da xente de forma absolutamente natural. A viaxe de volta, despois do cansancio acumulado e sen batería no teléfono, non deu para moitas fotos. Lembrar das vistas da ponte de Rande dende unha nova perspectiva. Teño que repetir.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)




Ningún comentario:
Publicar un comentario