luns, 8 de xullo de 2013

ÉZARO.- A poucos kms. de Cee e collendo a carretera de Muros pódese visitar esta fervenza do rio Xallas cuxo caudal é regulado nos seus 60 km. de percorrido por cinco presas (!). A derradeira a menos dun km. da sua desembocadura no océano Atlántico na localidade de Ézaro. Despois de mais dun seculo de existencia dende fai uns poucos anos, as autoridades baixo a presión dos ecoloxístas obrigou á empresa explotadora Ferroatlántica a deixar un caudal para que a xente pudera ver e disfrutar do que antaño daba a natureza libremente, e no vrán sábados e domingos pola mañá pódese apreciar esta fermosura. Cando comezou esta obriga, a empresa puxo en marcha unha especie de Museo da electricidade para explicar a historia da explotación do Rio Xallas, que non se pode perder. Tamén no vrán venres e sábados e vísperas de festivos pola noite encenden o alumeado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario