Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 26 de xullo de 2013
NAGUIB MAHFUZ.- O comezo da lectura da obra "A esposa desexada" deste autor exipcio de longa vida (1911-2006) e vasta obra (mais de 50 novelas), Premio Nobel de Literatura de 1988, permitiume adentrarme por primeira vez na literatura árabe. Esta novela, en concreto, relata a vida dun rapaz (Izzat) fillo dunha viúva atractiva e adinerada, que viven nun dos barrios nobles do Cairo. O ambiente que o autor transmite na novela é propio do Norte de Africa, explicando tanto as roupas diferentes que viste a xente, segundo sua clase social, como os aromas de xantares, nas casas e nas ruas, as posturas dos animais domésticos, etc., etc. Un feito que marcou ó escritor foi un atentado (ataque cun coitelo no cuello) de dous radicais islamistas, que o proclamaron como herexe anti-islamista. Morreu con 95 anos despois dun accidente doméstico ó tropezar nunha alfombra e sofrer diferentes complicacións na estadía hospitalaria.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario