Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 26 de xullo de 2013
GERARDO "TATA" MARTINO.- Este novo entrenador do Barça, arxentino, humilde e preparado, como amosou nas suas etapas coa selección de Paraguay, lembramos aquel formidable partido contra España no Mundial de Sudáfrica, no que Casillas parou un penalty que podría ter siñificado a eliminación da que a fin e a postre resultóu campiona, e os comentarios que chegan da sua laboura no equipo Newell´s Old Boys, en cuxa páxina web se di "Con un estilo de juego vistoso y ofensivo, que hace del toque corto su bandera, Martino edificó un equipo admirado por toda la comunidad futbolística y que está identificado con lo mejor de la historia de Newell's". Nun intre no que o barcelonismo sufre unha forte conmoción pola enfermidade do seu anterior adestrador Tito Vilanova, a chegada de Tata Martino é un soplo de vento fresco, unha apertura do espíritu universal que preside o FCB. Xa na primeira rolda de prensa mostrou unha sensatez e sencillez inmellorabeis, que permiten vislumbrar unha persoa que gusta do seu trabalho e quere medrar seu curriculum, sabendo de antemán que a tarefa que lle agarda é inmensa e diferente a todo o que até o de agora tiña feito. Benvindo Tata Martino ó teu novo traballo. Seguro que vas a topar todas as facilidades tanto dentro como fora do mellor Clube deportivo do mundo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario