xoves, 11 de xullo de 2013

CANS.- Presento aquí estos dous cans, que bauticei cos nomes de Picholo e Grandullón, os cales atopo a diario nos meus paseios despois do almorzo. Algunhas veces lévolles algo de comida, sobras, e quedan moi agradecidos, os acaricio e eles devolven o cariño, contentos. Lembro dos meus cans, o primeiro King, aquela raza de malamute, que sofría co calor do vrán e cómo lle picaban as moscas suas orellas, que tiña que taparlle. Teño comenzado un livro de "conversacións con King", que é todo un compendio filosófico. E a parella King e Kina, primeiros poboadores do chalé de Leiro, e todos os seus cachorros, aquel Pluto tan simpático. Qué bos tempos aqueles!. Voltando a esta parella, Grandullón é un pedazo San Bernardo, cunha envergadura de casi dous metros, o Picholo nembargantes é un can de palleiro, tan típica raza galega, listo como un allo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario