Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 17 de xullo de 2013
SANFERMINES.- Esta festa ten a orixe na Idade Media como uma homenaxe a San Fermín, si ben colleu moita sona tras ser visitada polo escritor norteamericano Ernest Hemingway nos anos 50-60 do séc. XX, que incluso chegou a escriver un livro. Básicamente consiste en unha serie de días nos que fánse os "encerros" dos touros bravos que van ser lidiados pola tarde. O encerro comeza soltando os touros polas ruas de Pamplona sinaladas e rematan na Praza de touros onde se fechan os animais. Polo percorrido as ruas enchense de xente que corre por diante dos touros e trata de tocarlles, prodúcense caidas, pisotóns e xa houbo algún morto e moitos feridos por asta de touro. Os encerros comezan as 8,00 horas e duran uns poucos minutos plenos de intensidade e adrenalina. As festas comezan o dia 6 co "chupinazo" e rematan o 14 de xullo cantando a canción "pobre de mí". A miña experiencia en estas festas remóntase ó ano 1991 e como experiencia unha vez e chega, nunca vin tanto borracho tirado polas ruas nas noites, calimocho con viño barato, calor, ambiente e noites sen dormir. Observei a festa dende todos os ángulos posibeis, a saida do encerro, a rua Estafeta, a costa do Concello, a entrada na Praza de touros e dentro de esta. O hotel estaba a 11 km. carretera da Francia e dormía até as 4 da tarde, despois comía moi boa comida, lembro o bacallao o ajoarriero, as paletillas de cordeiro, os cogollos, aqueles pementos do piquillo recheos. Maravilla gastronómica. Unha festa inesquecibel.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario