domingo, 18 de agosto de 2013

XIBRALTAR.- Estamos vendo nestes dias aposición do governo español de un novo fato de agravio polo peñon de Xibraltar, servíndolle de cortina de fume sobre os casos de corrupción derivados do caso Bárcenas e os brotes fascistas no seo do partido governante. O paso polos xulgados dos máximos dirixentes, a sua falta de memoria e botar balóns fora queren ser tapados con unha nova ilegalidade das autoridades xibraltareñas, poñéndo cerco e dificultando o libre tránsito a esta roca. Facemos un pouco de historia reflexada nas fotografías e mapa. España perdeu Xibraltar en 1713 polo Tratado de Utrech que puxo fin á Guerra de Sucesión española, é dicer, para saber qué rei iba governar o estado español formouse unha guerra internacional. A coroa inglesa saiu vencedora nos seus apoios e recibiu a cambio entre outras cousas a Illa de Menorca e o Peñón de Xibraltar. Despois de anos de cambios de borbóns e austrias o exército español aproveitando que os ingleses estaban pelexando contra a independencia dos USA, e pensando sua debilidade, en 1773 lanzaron un bloqueo terrestre e marítimo da roca que rematou nun intento de asalto, ainda que pra aquela data os xibraltareños xa estaban provisionados e reforzados, concluindo cunha nova derrota española ainda que como os ingleses estaban en varios frentes aceptaron no Tratado de Versalles de 1779 a independencia americana (os trece estados de influencia inglesa) e a devolución a España entre outros territorios da Illa de Menorca, de Xibraltar nin se mencionou. Este pequeno istmo sirve políticamente os governos cando teñen algún problema para tratar de tapalo, nada mais. Unha vergoña. E despois non queremos o mesmo tratamento marroquíno de Ceuta e Melilla.




mércores, 14 de agosto de 2013

PRAIA DE NERGA.- Está no final deste pobo mariñeiro e ten una boa área de paisaxe dunar. Pegada as praias de Viñó e Barra, célebre por ser a primeira praia nudista de Galicia, sitúase no final da península do Morrazo en Cabo Home.




PRAIA DE MELIDE.- Situada na parte máis occidental da península do Morrazo, frente as Illas Cíes, con unha extraordinaria visa das mesmas. Como quera que tan só o acceso é a pé e en coche por camiño de terra e baches abundantes, non ten moita explotación turística, ainda que pouco a pouco a xente vai explorando mais e os dias de moito calor pode encherse.


CRUCEIRO DE HIO.-O cruceiro do Hío é sen dúbida o máis emblemático e elaborado dos cruceiros galegos [1]. Está situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, na parroquia do Hío, concello de Cangas. Os especialistas atribúeno á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena, pero cómpre indicar que outros negan esta autoría e consideran como autor a Ignacio Cerviño Quinteiro, outro canteiro e escultor da mesma época que aquel. Foi tallado en 1872, cando aínda o artista non cumprira os 30 anos, nunha soa peza de granito, salvo algunha figura exenta.


CABO HOME.- O fin da península do Morrazo, este lugar de fortes acantilados tem umas vistas privilexiadas das Illas Cies, mais perto, e da Illa de Ons, mais lonxe. Lugar protexido ecolóxicamente existindo numerosas especies de fauna e flora ben diferenciadas polas fortes correntes de vento, chuva e néboas invernais. Depois das Illas Cies abruma a inmensidade do Océano Atlántico.