xoves, 10 de abril de 2014

PAPUXA.- Todo aquel que teña visitado Ribadavia coñecerá este mítico bar, bodegón, con mais de 50 anos de vida e famoso como lugar de cita para todos os bébedos nas feiras do ciño, que se celebran nos primeiros días do mes de maio. É típico porque cada un sírvese a bebida, colhendo sua xarra ou taza e enchendoa directamente dende a pipa. As tapas e raciós hai que pedilas na barra, onde tamén cobran ó rematar, e tes que decirlles cantas tazas tomaches. Nas últimas visitas, a da foto foi o 15 de xuño de 2013, ademais do sistema tradicional, atopei xente tocando a guitarra e cantando, homes e mulleres, que daban moi bo ambente. Está situado en pleno barrio xudeu, pertiño da (non-igrexa) Magdalena.


LAMPREIA.- Estamos acostumados a comer a lampreia "á bordalesa", é dicer, cociñada en salsa feita co seu proprio sangue, con arroz branco e pan tostado (cómo estaba aquela de Casa Mezquita, de Arbo, hoxe desaparecida, que incluían o arroz coa salsa na perola de barro). Actualmente ten prosperado estes dous xeitos de comer a lampreia, en rollo con ensaladilla e en empanada, e como neste caso, si está ben cociñada é un auténtico manxar para os sentidos gustativos. No Restaurante Frenazo, nas Neves (Pontevedra) acostuman a servila así. Un acerto pleno.


CONMUTADORES.- Estes conmutadores da luz, facendo xogo, atópanse nunha casa de turismo rural ubicada en Vales (San Cristovo de Cea), en plena Serra da Martiñá, chamada A Casa do Cruceiro, onde estiven xantando invitado polo Valeriano (quen pagou en realidade foi o Gallego de Arenteiro), e co Alcalde de Cea, unhas boas troitas do país, dun bo tamaño, ainda que sospeitosamente pescadas de xeito ilícito. Esta chave da luz lembra ás antigas, que quedaron en desuso polos modernismos sociais, mais agora en certos ambentes estáse a voltar e recuperar elas e outros aparellos.


AVISO IMPORTANTE.- Poucas veces atópase un letreiro como este cando vai mesar. Será que o tamaño importa pra mexar dentro ou fora?. Dende logo que existen wc públicos, tanto de hostelería (como éste) como de outros espazos (hospitais, aeroportos, edificios administrativos, etc.), que son impresentabeis non porque non se limpien adecuadamente todos os dias, si non polo porcos que somos en xeral, a falta de educación hixénica é sumamente grave. E lembro de algunha anécdota, como cando no xulgado no que traballaba un paisano ou paisana cagou no bidé.


martes, 1 de abril de 2014

BOIG PER TU.- Esta canción do grupo catalán de rock SAU, xa desaparecido desde 1999, que tuvo como principais compoñentes a Carlos Sabater (cantante) e Pep Sala (guitarra e teclados, e principal compositor), fáise mundialmente famosa desde o momento en que a cantante colombiana SHAKIRA decide facer unha versión, en catalán, e comenza a recibir críticas da caverna mediática madrileña porque segundo eles incita á independencia de Catalunya. Ainda que eu tamén creo que moitas de estas críticas débense a que SHAKIRA é a compañeira sentímental do xogador do FCBarcelona Gerard Piqué.

A la terra humida escric 
nena estic big per tu 
em passo els dies 
esperant la nit. 

Com et puc estimar 
si de mi estas tant lluny; 
servil i acabat boig per tu. 

Sé molt bé que des d´aquest bar 
jo no puc arribar on ets tu, 
peròdins la meva copa veig 
reflexada la teva llum ,me la beuré; 
servil i acabat boig per tu. 

Quan no hi siguis al matí, 
les llàgrimes es perdran 
entre la pluja que caurà avui. 

Em quedaré atrapat 
ebri d´aquesta llum 
servil i acabat 
boig per tu. 

Sé molt bé que des d´aquest bar 
jo no puc arribar on ets tu, 
però dins la meva copa veig 
reflaxada la teva llum,me la beuré; 
servil i acabat boig per tu. 
servil i acabat boig per tu 

Lletra:C.Sabater,P.Sala i J.Capdevila 
Música:P.Sala