Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
sábado, 27 de xullo de 2013
NEGRA SOMBRA.- Con motivo do tráxico accidente ferroviario do pasado dia 24 en Santiago, está circulando a traveso das redes sociais como símbolo de tristura a peza "Negra sombra", principalmente en formato de video de youtube protagonizado por Carlos Núñez e Luz Casal, que se inclúe no filme Mar Adentro de Alejandro Amenabar. Nembargantes existe unha versión mais anterga da canción interpretada por Pucho Boedo e Os Tamara que non ten desperdicio, e tamén circula por youtube. Compre lembrar que este poema figura no libro Follas Novas de Rosalía de Castro e foi musicado por Xoán Montes Capon e sua estrea tivo lugar no Gran Teatro de La Habana en 1892. Neste poema a autora volta a mostrar o seu pesimismo e temor á morte, dentro dun lirismo de extraordinaria sensibilidade.
venres, 26 de xullo de 2013
ACCIDENTE DE SANTIAGO.- O dia 24 de xullo de 3013 quedará marcado pola traxedia do tren Alvia de mediana velocidade, chegando a Santiago de Compostela, na que segundo parece unha imprudencia do maquinista do convoy provocou 80 mortos, até o de agora, e mais de 100 feridos, 35 dos cales están en estado crítico. Ao marxe da desgracia para os falecidos e suas familias e amigos, compre destacar a inmediata resposta da cidadanía galega, en particular os veciños de mais perto ó lugar do accidente, Angrois, que racharon a alambrada da via e tamén algúns dos cristais do tren para poder socorrer ós feridos e retirar os mortos, así como os miles de galegos que foron inmediatamente en resposta á chamada de necesidade de doazón de sangue, a todos os hospitais de Galicia. Tamén merecen especial atención os médicos que se prestaron ó traballo pese a estar de vacacións e a bombeiros que estaban de folga. Unha catástrofe para amosar ó mundo o luxo de xente que é a galega. Lástima que á hora das votacións non exista esta mentalidade e repitan até a saciedade os mesmos caciques.
NAGUIB MAHFUZ.- O comezo da lectura da obra "A esposa desexada" deste autor exipcio de longa vida (1911-2006) e vasta obra (mais de 50 novelas), Premio Nobel de Literatura de 1988, permitiume adentrarme por primeira vez na literatura árabe. Esta novela, en concreto, relata a vida dun rapaz (Izzat) fillo dunha viúva atractiva e adinerada, que viven nun dos barrios nobles do Cairo. O ambiente que o autor transmite na novela é propio do Norte de Africa, explicando tanto as roupas diferentes que viste a xente, segundo sua clase social, como os aromas de xantares, nas casas e nas ruas, as posturas dos animais domésticos, etc., etc. Un feito que marcou ó escritor foi un atentado (ataque cun coitelo no cuello) de dous radicais islamistas, que o proclamaron como herexe anti-islamista. Morreu con 95 anos despois dun accidente doméstico ó tropezar nunha alfombra e sofrer diferentes complicacións na estadía hospitalaria.
GERARDO "TATA" MARTINO.- Este novo entrenador do Barça, arxentino, humilde e preparado, como amosou nas suas etapas coa selección de Paraguay, lembramos aquel formidable partido contra España no Mundial de Sudáfrica, no que Casillas parou un penalty que podría ter siñificado a eliminación da que a fin e a postre resultóu campiona, e os comentarios que chegan da sua laboura no equipo Newell´s Old Boys, en cuxa páxina web se di "Con un estilo de juego vistoso y ofensivo, que hace del toque corto su bandera, Martino edificó un equipo admirado por toda la comunidad futbolística y que está identificado con lo mejor de la historia de Newell's". Nun intre no que o barcelonismo sufre unha forte conmoción pola enfermidade do seu anterior adestrador Tito Vilanova, a chegada de Tata Martino é un soplo de vento fresco, unha apertura do espíritu universal que preside o FCB. Xa na primeira rolda de prensa mostrou unha sensatez e sencillez inmellorabeis, que permiten vislumbrar unha persoa que gusta do seu trabalho e quere medrar seu curriculum, sabendo de antemán que a tarefa que lle agarda é inmensa e diferente a todo o que até o de agora tiña feito. Benvindo Tata Martino ó teu novo traballo. Seguro que vas a topar todas as facilidades tanto dentro como fora do mellor Clube deportivo do mundo.
CEO.- Existen infinitos ceos, ou unha cantidade próxima á infinitude, mais este ceo do 25 de xullo de 2013, ás 10 da noite, visible dende a cociña do meu piso, é fantástico. O contraste entre a escura montana, únicamente apreciable polas luces de tres ventás das casas, e o azul do ceo co amarelo alaranxado das nubes no horizonte da posta do sol e unha parte das nubes separada no mais alto da foto cun ton vermelho rosado, fan unha combinación digna dun cadro de Miguel Angel.
martes, 23 de xullo de 2013
ARTE CON LIBROS.- Dentro da Cidade da Cultura no monte Gaiás, de Santiago de Compostela, chamou miña atención esta escultura enorme feita exclusivamente con libros, polo que busquei pela internet algún artigo que me dera información e atopei este blog http://unlibroaldia.blogspot.com.es/ Tamén deixo miña foto diante dela.
De cómo hacer arte con libros
El otro día tuve ocasión de conocer la obra de la artista madrileña Alicia Martín (1964), que actualmente expone una de sus instalaciones en la (inhóspita) Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela. Algo había oído de ella antes, pero ver una de sus obras en vivo y en directo me dio la idea de escribir esta reseña sobre la presencia del "objeto libro" en el arte contemporáneo. Bueno, eso suena muy exhaustivo, pero en realidad sólo voy a hablar de los pocos casos que conozco. Y Alicia Martín, ya digo, es uno de ellos, porque su trabajo se caracteriza precisamente por utilizar un montón de libros como material. A la derecha una foto de Singularidade, la instalación que está ahora en la Ciudad de la Cultura. Vista de frente parece un gran donut de libros, ya sé, pero la idea es más bien expresar de forma plástica esa especie de agujero negro de información al que cada uno de nosotros tiene acceso hoy en día a través de Internet. No me resisto a enseñaros otra de sus obras, que como véis son bastante monumentales. En este caso se llama Biografías y es de 2003.
uno de los elementos habituales en su obra y también, aunque parezca increíble, cuando trabaja sobre lienzo o papel. A menudo realiza dibujos disponiendo pólvora de una determinada manera sobre una superficie y prendiéndole fuego. Con este peculiar método ha completado también algún libro, como el que se ve junto a estas líneas, que lleva por títuloDanger Book: Suicide Fireworks (2008).En cuanto a Anselm Kiefer, la presencia del libro en su trabajo es mucho más característica (y menos anecdótica) que en el caso de Cai Guo Qiang, ya que está profundamente vinculada a sus temas más habituales. Por un lado, Kiefer lleva décadas tocando en su obra la cuestión del Holocausto y el régimen nazi en general. Ya se sabe que la censura va de suyo con cualquie
r dictadura, pero resulta que en el III Reich esta se expresaba de una manera especialmente virulenta, a la vez que simbólicamente eficaz, en la quema pública de libros. En clara referencia a aquellos acontecimientos, los volúmenes quemados aparecen a menudo en la obra de Kiefer. Por otro lado, este artista ha sentido un profundo interés por las doctrinas de la Cábala, escuela mística judía que gira precisamente sobre los posibles sentidos ocultos de un Libro: la Biblia hebrea. Aparte de los libros quemados que he mencionado, Kiefer también realiza, por ejemplo, enormes libros de yeso o de plomo. Os dejo una imagen de estos últimos. La obra, de 2008, se titula Maria durch ein Dornwald ging (o sea, María caminó por un bosque de espinos). ¿A alguien se le ocurre algún motivo que justifique el título? Y, ya puestos a preguntar: ¿conocéis más artistas que trabajen con el libro como objetoPRAIA DE SANTA CRISTINA.-A praia de Santa Cristina, en Perillo, é unha praia urbana moi coñecida e concorrida durante os meses de verán. É a praia de maior lonxitude de todo o concello de Oleiros. De area fina e dourada, emprégase para actividades de lecer, pesca artesanal e marisqueo, como deportivas, windsurf ou kitesurf e ata concertos. O paseo marítimo e a zona próxima á praia é un lugar de locais hostalaría. Ten casi 1,5 km.de lonxitude e unha media de 80 m. de anchura. Está situada na desembocadura da ria do Burgo formada polo rio Mero. Nas mareas baixas é frecuente ver mariscar os veciños da zona e xunto cos barcos e barcas forman unha auténtica acuarela. Dentro da zona da praia existen varios restaurantes tendo fama A Bodeguilla e como lugar de copas o Bitácora, local decorado cun deseño funcional e moderno.
luns, 22 de xullo de 2013
O GAIAS, CIDADE DA CULTURA.-A Cidade da Cultura de Galicia foi deseñada polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman, tras un concurso internacional ao que se presentaron doce proxectos. Elixido pola súa singularidade tanto conceptual como plástica e a súa excepcional sintonía co lugar onde se alza, Eisenman concebiu o proxecto do Gaiás como unha urbe propia. Inspirándose no casco histórico de Compostela e as cinco rutas de peregrinación da cidade medieval que conducen á catedral, o arquitecto trasladou esta cuadrícula ao cumio da montaña. Partindo deste concepto, o proxecto orixinal consta de seis edificios conectados por rúas e unha praza como punto de unión evocando o motivo da vieira, como símbolo da peregrinaxe. Actualmente están rematados catro edificios: O Centro de Emprendemento Creativo de Galicia A Biblioteca e Arquivo de Galicia O Museo Centro Gaiás Centro de Innovación Cultural (CINC) O proxecto orixinal de Eisenman inclúe dous edificios máis: o Centro da Música e das Artes Escénicas e o Centro de Arte Internacional. As obras destes dous edificios atópanse temporalmente paralizadas. VISITAS. Pódese facer visitas guiadas todos os días e hai unha liña de buses. O itinerario para chegar non é doado. Mellor enterarse antes nesta web www.cidadedacultura.org
MARIA.- É o nome de guerra da marihuana o cannabis, que na wikipediase define como Cannabis sativa (cáñamo o marihuana) es una especie herbácea de la familia Cannabaceae, con propiedades psicoactivas. Es una planta anual originaria de las cordilleras del Himalaya, Asia. Los seres humanos han cultivado esta planta en el transcurso de la historia como fuente de fibra textil, aceite de semillas y alimento (generalmente, con variedades de bajo contenido en THC, llamadas cáñamo). Se ha utilizado durante milenios como planta medicinal —con registros escritos que datan de 2737 a.C. —, como psicotrópico y como una herramienta de carácter espiritual. Su fibra tiene usos variados, incluyendo la manufactura de vestimenta, cuerdas, textiles industriales y papel. El aceite de sus semillas se puede usar como combustible y en la preparación de alimento del ganado. «Marihuana» es un término genérico empleado para denominar a los cogollos de esta planta, que son sus flores femeninas, y al hachís (su resina), extraído del procesamiento de los tricomas glandulares, mayoritariamente asociados a las flores femeninas, que sintetizan y acumulan altos contenidos de cannabinoides. Debido a sus propiedades psicoactivas, es una de las pocas plantas cuyo cultivo se ha prohibido o restringido en muchos países. Estas plantas, ainda en desenrolo, xa teñen o aroma clásico. Confiemos en que algún día esté legalizada e que se consuma responsablemente.
CARREIRA DE DANIEL. Neste edificio da Rua Torreiro, no terceiro piso, tivo meu fillo Daniel alugado un apartamento mentras esteve facendo a carreira de Deseño Gráfico e Publicitario na Escola Picasso de A Coruña, no cal esteve eu varias veces de visita e inclusive un fin de semana ou unha ponte dormindo alí. A fotografía de abaixo da Cervexería La Bombilla lembra un bar cheo de pinchos e sobre todo as tortillas de pataca e as croquetas enormes que xa facían unha boa cea. Vexamos cómo A Voz de Galicia o ano pasado difundía a noticia dos 75 anos deste bar: Thomas Alva Edison presentaba en 1879 una lámpara que lució durante 48 horas seguidas. En 1934, en la esquina de las calles Torreiro y Galera el arquitecto Antonio Tenreiro terminaba la construcción de la Casa Soto, en cuyo bajo siempre hubo un bar, desde hace 75 años. José Vilas, de la familia que regenta este negocio desde 1966, me habla del año 1932 como fecha de inauguración, pero las propietarias del desaparecido bar La Traída sitúan la apertura después de 1936. Pasó por varios dueños, pero todo parece indicar que fueron Federico Caínzos y su mujer, Maruja, los que bautizaron hace 75 años el bar con el nombre de La Bombilla, en referencia al punto de luz que iluminaba la céntrica esquina. El veterano periodista Vituco Leirachá recuerda que servían unos calamares «riquísimos» y un vino blanco con gas en copa baja de champán, lo que era toda una novedad. Como les decía, en 1966, dos matrimonios, Ricardo Vilas Torreira, ya fallecido, y su mujer, Josefa, junto con Generoso Bar y su esposa, Esperanza, se hacen cargo del histórico establecimiento, uno de los pocos lugares con solera que queda en el centro. «Entonces se les ocurrió lo de la bandeja llena de pinchos, en la que incluyeron la empanadilla inflada, la croqueta, la tortilla, el choricito con la patata y la milanesa, que empezó siendo de hígado y fue lo único que se cambió, por jamón de cerdo, porque es más de gusto actual», recuerda Vilas, que asegura que todo se hace igual desde hace 46 años, incluido el relleno de la empanadilla. Hasta en Japón En la cocina se trabaja sin cesar desde bien temprano y las cocineras sintonizan Radio Voz. Es curioso, la mayoría de empleados son familiares de los propietarios. Suso Torreira Noya, que lleva 46 años detrás de la barra, es la cabeza visible junto con sus hermanas María y José. De los fogones se encargan cuatro mujeres: Mari Carmen Rial, Matilde Eiroa, Trini Eiroa y Margarita Martínez. Juan Benéitez, José Joaquín de Arévalo y Iago Aneiros son los otros integrantes del equipo. «Tenemos clientes que son nietos de los que venían al principio», comentan. Hasta un libro japonés sobre bares españoles dedica una página a este bar de la calle Galea (según los nipones). 75 años después La Bombilla brilla.
ANTIGUO HOSPITAL MILITAR DE A CORUÑA.- Onde esteve eu uns 20 dias despois de ter accidente de moto co Isidro no parque de O Carballiño, romper a clavícula e sufrir moitas feridas por todo o corpo. Non me matei de milagre. A verdade que neste hospital me trataron de maravilla e incluso tiven a sorte de coñecer a un soldado que quedou inválido e levaba dez ou quince anos postrado, co cal xoguei grandes partidas de xadrez, que él gañaba sempre. Mais tarde metínme de cheo nese xogo e incluso comprei alguns libros e estudei aperturas e defensas, antes de viñeran os Fisher, Karpov, Kasparov, etc. Tamén lembro as visitas dunhas amigas de A Coruña que non sei qué foi delas, as irmás Fernanda (Nana) e Carmela, e sua prima Luisa. Penso que Carmela é avogada na Coruña, pero non o sei certo. Agradezolle o tempo que perderon visitándome no hospital, e despois sain algunhas veces con elas pola Coruña. Gente boa.
REINO DE GALICIA.-O Reino de Galicia ou de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou todo o noroeste da Península ibérica, converténdose nun dos territorios máis importantes da Europa occidental. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica. Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da Coroa de Castela. Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou John de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á Coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á Coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplísima liberdade ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833. Esta é unha simple visión, para quen queira ampliar ademáis de poder acadar bibliografía, pode consultar a web de wikipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_de_Galicia
RIVALIDADE.- De sempre existe unha grande rivalidade entre as cidades de Vigo e A Coruña, que se transmite o eido do deporte, en particular ó futbol. Mostovoi foi un xogador ruso do Celta de Vigo de fai mais de dez anos, e a pintada que se lembra de él aparece no barrio vello de A Coruña. Sempre se dicía en Galicia que mentras Vigo traballa, Santiago reza, Pontevedra durme e A Coruña se divirte. Tal vez exista un exceso de conciencia por parte dos vigueses de que son eles quenes sosteñen Galicia polo seu traballo mentras os demais non a rascan. Agora ese dito non pode tomarse ó pé da letra, nesta situación de desemprego e crise.
MILI.- En este edificio, antiguo cuartel de infantería da BRILAT, cuxas iniciais non sei qué siñifican, jejeje, pasei o ano 1973, menos o tempo dos permisos e licencias, así como caseque todos os fins de semana que viaxaba a O Carballiño. Aquí estuve enfermo o fin de ano do 1972, fixen cinco dias de cociña castigado por non facer unha imaginaria un fin de semana que fora a casa e deixara encargada a un paleto que se esqueceu, jajaja. Tamén fixen unha guardia e unha noite de reforzo. Tuven unha generala cada trimestre, que non sei pra que valía. E finalmente tiven medo de non licenciarme na hora como consecuencia do atentado de ETA ó vicepresidente do governo franquista Almirante Carrero Blanco o 23 de decembro de 1973, a nove dias da miña licenciatura. Houbo sustos grandes, como un accidente de avión que tentaba aterrar no aeroporto de Alvedro, e pequenos detalles que se lembran con certa satisfacción, dentro do xeral concepto de perda do tempo.
PAZO DE MEIRAS.-Pra quen non o saiba, este Pazo galego foi construido pola escritora Emilia Pardo Bazán, onde viviu e escribeu a sua maior parte da sua obra, menos Os Pazos de Ulloa que din foi a escriber a sua casa-pazo veraniego de Banga, O Carballiño. No interior do Pazo so deixan fotografar na capela, pra preservar a intimidade da familia dos propietarios. A finca mide 6,5 Ha e ten xardíns ben e mal coidados, nótanse os recortes. No interior que nos permiten visitar pódense ver cadros de Franco e sua familia, un busto, colección de animais presuntamente cazados polo dictador, as salas onde se facían os consellos de ministros na época das suas vacacións. Hai unha web que ensina todo eso.
BARROS.- A decadencia do comercio mediano ou pequeno. Esta famosa cadea de tendas parece que tamén sucumbiu á crise. Esta concretamente na rua real de A Coruña foi durante 50 anos un exemplo da pequena economía comercial que ben levada foi crescendo ate que chegaron as áreas comerciais, os hipermercados, as rebaixas, os chinos, os recortes e todos os demais factores que están levando o país á ruina. Hoxe tamén se coñeceu que Adolfo Dominguez pechaba as tendas na India e outras dez en España. Caramelo foi ó tacho. O único artista que aguanta é Inditex de Amancio Ortega, até cando?
xoves, 18 de xullo de 2013
OMAR JAYAM.- Ou tamén Omar Khayyám, este persa do século XI-XII, famoso por ser matemático, astrónomo e poeta e polas suas aportacions á ciencia, entre elas a designación da letra x para resolver ecuacións de terceiro grao e estudar o universo, tendo seu nome un cráter lunar e tamén un asteroide (omarkhayyam). Pero foi na literatura onde deixou sua principal herdanza, destacando as cuartetas poéticas recollidas no libro RUBAIYAT, onde non so tocou temas sobor ciencia e coñecemento, sobre moral e comportamento social, sinon tamén sobre disfrutar da vida antes da morte e cómo ser feliz somentes con viño e rosas. Segundo os seus estudosos pódese dicer que foi un filósofo materialista, pesimista e escéptico, seu pensamento está empapado de tristura, pena, inexistencia e morte. A fotografía que ilustra este artigo corresponde á tumba na cidade de Nishapur, onde naceu.
mércores, 17 de xullo de 2013
SANFERMINES.- Esta festa ten a orixe na Idade Media como uma homenaxe a San Fermín, si ben colleu moita sona tras ser visitada polo escritor norteamericano Ernest Hemingway nos anos 50-60 do séc. XX, que incluso chegou a escriver un livro. Básicamente consiste en unha serie de días nos que fánse os "encerros" dos touros bravos que van ser lidiados pola tarde. O encerro comeza soltando os touros polas ruas de Pamplona sinaladas e rematan na Praza de touros onde se fechan os animais. Polo percorrido as ruas enchense de xente que corre por diante dos touros e trata de tocarlles, prodúcense caidas, pisotóns e xa houbo algún morto e moitos feridos por asta de touro. Os encerros comezan as 8,00 horas e duran uns poucos minutos plenos de intensidade e adrenalina. As festas comezan o dia 6 co "chupinazo" e rematan o 14 de xullo cantando a canción "pobre de mí". A miña experiencia en estas festas remóntase ó ano 1991 e como experiencia unha vez e chega, nunca vin tanto borracho tirado polas ruas nas noites, calimocho con viño barato, calor, ambiente e noites sen dormir. Observei a festa dende todos os ángulos posibeis, a saida do encerro, a rua Estafeta, a costa do Concello, a entrada na Praza de touros e dentro de esta. O hotel estaba a 11 km. carretera da Francia e dormía até as 4 da tarde, despois comía moi boa comida, lembro o bacallao o ajoarriero, as paletillas de cordeiro, os cogollos, aqueles pementos do piquillo recheos. Maravilla gastronómica. Unha festa inesquecibel.
RACISM.- Cando un fala de racismo (racism en inglés) sempre pensa nos USA (United States of América) e en toda a parafernalia histórica que levan dixerindo os brancos dende a guerra de secesión, pasando polo Ku-Kux-Klan, asesinatos de persoeiros importantes anti aparthaid (léase Martin Luther King ou Malcom X), e o fundamentalismo antipersoas de color que anima moitas cortes xudiciais. O recente caso que saltou ós medios de comunicación ocurreu na Florida, un vixiante chamado George Zimmerman, de raza branca, matou de un disparo no ano 2012, a un mozo de raza negra de 17 anos chamado Trayvon Martin despois dun altercado. O gran xurado que xulgou ó autor dos disparos decidiu que tiña unha duda razoable porque as acusacións non deran reconstruido os feitos e por consecuencia absolveu ó acusado. Os membros do xurado, segundo parece, eran maioritariamente de raza branca. A pregunta aquí sería, si as cousas foran ó revés daríase o mesmo resultado?. A foto incorporada é a do presunto autor absolto.
martes, 16 de xullo de 2013
PARQUE LIBRE DE COCHES.- Estáse voltando a encher o parque de coches cando ten unha celebración ou festa por pequena que sexa. Este domingo pasado unhas cincuenta persoas con unha cantarina musical chegaron cos seus coches até o palco da música abaixo para celebrar unha festa ou baile ou troula da terceira edade. Non é que eu teña nada contra estas persoas, que son moi libres de divertirse como gusten. O que me parece incorrecto é permitir o paso de vehículos polo corredor central do parque que dende fai anos estuvo prohibido e colocáronselle sendas cadeas estratéxigamente nos puntos de acceso. Permitir a entrada de coches no pulmón carballiñés non tardará en revelar un grave dano á natureza, además de ser un atentado á paisaxe forestal.
FRUTA DE BRASIL.- Este papayón (mamao) serve pra ilustrar este comentario sobre a fruta do Brasil. En todos os viaxes que eu fixen a aquel país, un total de cinco até o de agora, provei innumerabeis frutas diferentes as de aquí. Goiaba, manga, maracujá, cajú son algunhas, das que fánse zumos increíbles e tamén xelados sabrosos. O mousse de maracujá é meu postre predilecto. Ten iogurte e outros alimentos con estas frutas. E con este papayón, uma fruta despreciada en Brasil pola sua abundancia, pódese facer un bo desaiuno con unha pouca leite.
domingo, 14 de xullo de 2013
MANIAS.- Todos temos manías, mais non nos damos conta moitas veces de que certas atitudes son auténticas manías. Eu teño manías, e aquí quero deixar unha até certo punto simpática. Cando vou tender roupa procuro non mezclar colores que non me gustan, por exemplo si é unha prenda vermella non mezclar con pinzas amarelas,, porque parece a bandeira española, si é unha prenda verde non poño pinzas vermellas para que non pareza a bandeira portuguesa. Tamén procuro poñer nunha prenda azul o color vermello nas pinzas, e viceversa, para simular as cores do Barça. Teño moitas mais manías e algún dia ampliarei o abanico.
xoves, 11 de xullo de 2013
CANS.- Presento aquí estos dous cans, que bauticei cos nomes de Picholo e Grandullón, os cales atopo a diario nos meus paseios despois do almorzo. Algunhas veces lévolles algo de comida, sobras, e quedan moi agradecidos, os acaricio e eles devolven o cariño, contentos. Lembro dos meus cans, o primeiro King, aquela raza de malamute, que sofría co calor do vrán e cómo lle picaban as moscas suas orellas, que tiña que taparlle. Teño comenzado un livro de "conversacións con King", que é todo un compendio filosófico. E a parella King e Kina, primeiros poboadores do chalé de Leiro, e todos os seus cachorros, aquel Pluto tan simpático. Qué bos tempos aqueles!. Voltando a esta parella, Grandullón é un pedazo San Bernardo, cunha envergadura de casi dous metros, o Picholo nembargantes é un can de palleiro, tan típica raza galega, listo como un allo.
luns, 8 de xullo de 2013
ÉZARO.- A poucos kms. de Cee e collendo a carretera de Muros pódese visitar esta fervenza do rio Xallas cuxo caudal é regulado nos seus 60 km. de percorrido por cinco presas (!). A derradeira a menos dun km. da sua desembocadura no océano Atlántico na localidade de Ézaro. Despois de mais dun seculo de existencia dende fai uns poucos anos, as autoridades baixo a presión dos ecoloxístas obrigou á empresa explotadora Ferroatlántica a deixar un caudal para que a xente pudera ver e disfrutar do que antaño daba a natureza libremente, e no vrán sábados e domingos pola mañá pódese apreciar esta fermosura. Cando comezou esta obriga, a empresa puxo en marcha unha especie de Museo da electricidade para explicar a historia da explotación do Rio Xallas, que non se pode perder. Tamén no vrán venres e sábados e vísperas de festivos pola noite encenden o alumeado.
RESTAURANTE CASA ANIDO. (MUROS).- (web casaanido.es). Como reza sua web é unha "Antigua fábrica de salazón con más de 200 años. Se encuentra en la playa de A Rocha. Trabaja todo tipo de mariscos de la ría, destacando también su merluza (del pincho) a la romana, su salpicón de marisco y sus variados menús marineros".
MUIÑO DAS MAREAS DO POZO CACHON.- MUROS. Segundo a web http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/muros/muinomareas.html "A lo largo de los siglos los habitantes que poblaron Galicia han utilizado las fuerzas de la naturaleza para poder crear energía y aprovecharla en beneficio propio. Una de las energías más utilizadas en Galicia es la de la fuerza del agua. Por un lado tenemos el agua dulce de los ríos que aprovechando su descenso han sido utilizada para el movimiento de las "moas" de los molinos construídos en sus orillas. Pero cuando la sequía arreciaba, los artesanles molinos se veían obligados a parar o disminuir su actividad con la consecuente pérdida económica. Para ello se intentó aprovechar otro tipo de agua. Esta vez fueron las saladas aguas del mar, que durante todo el año podrían ser aprovechada su fuerzas. Es el caso de los conocidos "Muíños das Mareas". Estos se construían aprovechando ensenadas que formaban los ríos en la desembocadura y para ello se construía en ocasiones grandes diques para la acumulación de agua en estas presas para después dejaralas correr hacia el mar otra vez con lo que conseguirían poder mover las máquinas de moler. En Muros, en la ensenada que lleva su nombre, existe una muestra de una conservación excelente. Se localiza en la parroquia de Serrés y se trata de un dique de más 230 m de longitud que retiene las aguas de las mareas y del pequeño Río Valdexería. Sobre el dique se encuentra la gran edificación que alberga la maquinaria para moler el grano".
venres, 5 de xullo de 2013
EMPRENDEDORES.- Qué boa idea a venta de sombreiros nas colas dos barcos para as Illas Cies. Dous ciudadáns de color e probablemente africanos venderon en pouco tempo máis de 50 sombreiros a 15 euros, tanto de home como de muller. Por qué non teñen estas ideas os cidadáns galegos? Será que a necesidade non apreta? É mellor emigrar e deixar que veñan outros a introducirse nos mercados? Os chinos están acabando co comercio patrio e ó único que fan os empresarios de "toda a vida" é quixarse de que están perdendo mercado ante a competencia desleal dos inmigrantes extranxeiros. Deberían adaptarse ás necesidás puntuáis dese mercado e ofrecer productos que poden ter saida e non desfases. Ben por esta xente que busca solucións inmediatas e sabe adaptarse ó medio concreto.
luns, 1 de xullo de 2013
ILLAS CIES.- Este último sábado fun a este paraíso natural, despois de 16 ou 17 anos. A verdade é que un sinte a paixón pela natureza cando vai a lugares como éste, aillados da civilización. As praias limpas, a xente concienciada de cuidalas e o bon tempo fixeronme pasar un dia inesquecible. Dende a saida no barco coa compra do billete pola internet e a sua convalidación nunha máquina dándolle o apelido e número de localizador, a viaxe pola ria de Vigo vendo a península do Morrazo pola dereita e a Illa de Toralla pola esquerda, o Montefaro, as praias de Samil, O Bao, Canido, etc., Barra, Nerga...Sentir as ondas cando o barco entra en mar aberto. O paseio pelas duas illas unidas pola area. Queda para outra viaxe a subida ó faro para contemplar as vistas. Visitei pola mañá a praia de Rodas, considerada a mais perfecta do mundo, e pola tarde a chamada dos Alemás, onde ainda persiste a costume do nudismo, convivindo co resto da xente de forma absolutamente natural. A viaxe de volta, despois do cansancio acumulado e sen batería no teléfono, non deu para moitas fotos. Lembrar das vistas da ponte de Rande dende unha nova perspectiva. Teño que repetir.
PICO SACRO.- Monte mítico da xeografía galega, situado perto de Santiago de Compostela, domiña o val do rio Ulla. Na mitoloxía galega, a Raíña Lupa mandou ós discípulos do apóstolo Santiago ó Pico Sacro para que construísen un sepulcro para o apóstolo, sen saber estes que no lugar estaba a cova do Inferno, e que alí vivía un dragón. A anécdota desta publicación é que onte cando iba tirar a fotografía que ilustra a publicación un can deume un bo susto. Estaba preso cunha cadea suxeta a un alambre e dende a sua caseta habería uns 25 metros a onde eu estaba, mais chegou alí, menos mal que non era agresivo!.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.jpg)






























