Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 16 de xaneiro de 2015
MANUEL RIVAS.- Este escritor galego, nado no bairro de Montealto, na Coruña, multipremiado e multifacético, é o autor dun libro que caeu nas miñas maos recentemente "O mais extraño", que consiste nunha recopilación de moitos dos seus libros, como a Lingoa das Mariposas, Qué me queres amor, etc. Cada páxina, cada historia, é realmente contada con unha soltura e sentido increíbel. E o mellor de todo é que é un autor galego!!
mércores, 7 de xaneiro de 2015
CONCERTO DE ANO NOVO.- Como é tradicional o día 1 de xaneiro de cada ano dende 1940, celébrase na Wiener Musikverein de Viena, sala excepcional pola sua acústica un concerto da Filarmónica de Viena, adicado principalmente á familia Strauss (Johann Strauss pai, Johann Strauss fillo, Josef Strauss e Eduard Strauss), ainda que de cando en vez aparece algún dos seus contemporáneos. Habitualmente o concerto conclue co Danubio Azul e a Marcha Radetzky, peza na que o público participa tocando palmas. Este ano 2015 o Director foi o indio Zubin Mehta, quen dalle unha especial alegría na escolla das pezas e das anécdotas e brindes feitos durante o concerto.
IDEAS PRA CRISE.- Nestes tempos tan duros de crise é sorprendente cómo moitos traballos artesáns que estaban abandoados voltaron a facerse un oco no comercio. Este en concreto nos da idea dunha persoa que sabe coser e adícase a facer apaños pra roupas usadas, que cada vez teñen mais tempo de duración ao non poder mercar outras novas.
NADAL EN VIANA DO CASTELO.- Os nosos vecinos portugueses adornan as ruas durante as festas de Nadal, esas ruas tan ben conservadas que dan envexa, e crean un ambiente moi propicio para as vendas de comercio e hostalería. Si por riba temos un día con un sol espléndido a visita a esta bela cidade resulta fantástica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





