Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 28 de xullo de 2015
IGREXA DA VERACRUZ.- Esta igrexa proxectada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, famoso polos seus proxectos en Madrid (Palacio de Comunicaciós, Círculo de Belas Artes, Hospital de Xornaleiros) e tamén en Galicia (Templo Votivo de Panxón, Teatro García Barbón en Vigo, ou a casa consistorial do Porriño) e edificada polo mestre canteiro Adolfo Otero Landeiro, comezouse alá polo ano 1943 promovida polo párroco Evaristo Vaamondel, e abríuse ó culto en 1952. Como amalgama de estilos arquitectónicos e non arquitectónicos, houbo que acudir a varios arquitectos e enxeñeiros de Ourense pra rematala obra, pois non tiñan orzamento. O proxecto orixinal, segundo teño escoitado dicer, contemplaba unha ampla explanada diante da igrexa, que foi suprimida pola especulación urbanística que edificou algúns dos edificios mais altos do povo xusto frente a igrexa. Na fotografía de abaixo recóllese a sombra da torre da igrexa, facendo como un gran panel de materiais de construcción no que proxectar a sombra.
venres, 24 de xullo de 2015
FESTA DA PALABRA.- O sábado 18 de xullo celebróuse na Insua dos Poetas, lugar perto da Esgueva, Madarnás (O Carballiño) a VIIª edición da Festa da Palabra, adicada este ano ó poeta arxentino descendente de galegos Francisco Luis Bernárdez. Nunha tarde desapacible no monte montouse unha festa poética por todo o alto, cunha mezcla de artistas (entre eles o escritor Manuel Rivas, os escultores Acisclo Manzano e Antón Pulido, os pintores Vidal Souto, Antón Lamazares ou Nicolás,) e políticos (Conselleiro de Cultura, Presidente da Deputación de Ourense, Alcaldes do Carballiño e Maside, Vicepresidente do Parlamento Galego, Secretario Xeral de Emigración, etc.), o Presidente da Academa Galega da Lingua e o Presidente da Academia das Letras de Arxentina, tamén descendentes de galegos da zona de Banga, e tamén xente do común (sociedade civil) e da veciñanza. Despois de varias intervencións poéticas, procedéuse á entrega de premios do Pen Clube, organizador do acto, a Manuel Rivas, Faro de Vigo, Gadisa, Colectivo Outeiro e a Francisco Lores, secretario da Casa de Galicia de Bos Aires e finalmente unha cea dos asistentes nunha carpa levantada ó efecto. Era a miña primeira vez que visitaba este espazo e realmente solprendéume. Está situado na ladeira do monte nunha carballeira ainda incipiente e remata no Rio Pedriña, e lévanse feito nestes anos varias obras como do esceario, esculturas de xigantesco tamaño, como a de Acisclo Manzano e Antón Pulido, que van creando un ambiente moi particular, digno de ollar.
xoves, 23 de xullo de 2015
MIT MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO.- Por estas datas tódolos anos Ribadavia convírtese na capital galega do teatro, desde fai 31 anos como dí a entrada pra esta obra do Teatro del Barrio, referida á declaración do extesoreiro do PP ante o xuiz Ruz na Audiencia Nacional. Por este certame pasaron os mellores grupos de teatro, galegos, españois e europeos, incluso algún de allende dos mares. Lembro un grupo de Cuba fai uns anos.
luns, 13 de xullo de 2015
SAATCHI GALLERY (www.saatchigallery.com).- Esta gallería de arte contemporáneo chama a atención polas suas mostras vangardistas. Na data que visitamos estaba cunha mostra temporal de arte de Africa e América Latina, que son eses cadros de abaixo tan coloristas e revolucionarios. Tamén é destacable a sala que non sabría definir, na cal cun raso ou nivel de petróleo ou gasolina dividese o espazo de tal xeito que o reflexo da a sensación dunha continuidade. Chama a atención.
SUNDAY ROAST.- Este é un plato típico da cociña inglesa (e tamén irlandesa, USA, Canadá, Australia e New Zealand) que conmemora a festa dos domingos en familia. O plato consiste en un asado de carne (de vaca, boi, porco, etc.) acompañado con verduras variadas, patatas ó forno e un pudding especial. Este domingo dia 28 de xuño de 2015 foi o mellor que comín das veces que teño comido en London. E a compañía tamén axudou.
COMIDA XAPONESA.- Neste restaurante "EAT TOKYO" de London provei varias comidas típicas xaponesas como até o de agora xamais tiña provado. Diversos sushis e tempuras (washoku) de langostinos e verduras, sopas (dangojiru) formaron parte do menú, aderezado con salsas pra mollar o sushi e esa especie de rollito de primavera de cuxo nome non lembro. O caso é que todo estaba moi sabroso e mereceu a pena facer una cola de media hora de espera na rua na zona do Covent Garden, aproveitando que era unha noito de verán. Pra repetir.
mércores, 8 de xullo de 2015
VIÑO ITALIANO.- De todos é coñecida a fama dos viños italianos da Toscana, pero en este derradeiro viaxe a London tivemos a sorte de provar este tinto da variedade Syrah Passo del Tempio do ano 2014, de terras sicilianas, para acompañar unha cea na terraza dunha pizzería perto da London Eye. Aquí tamén pego en inglés a crítica que fai a web de Vivino sobor deste viño. Southern Italy Red The red wines of Southern Italy do not have a great reputation. The hot climate and old winemaking practices made decades of poor-quality wine. Recent improvements have started yielding rich wines made mostly from Aglianico and Primitivo. These wines have strong fruit flavors and pair very well with Italian meat dishes.
martes, 7 de xullo de 2015
BRIGHTON.- Cidade situada no sul de England, a hora e media de tren de Londres (estación St. Pancras International), é famosa pola cantidade de xente famosa que naceu nela. Por exemplo Sir. Winston Churchill, os escritores Graham Greene ou Rudyard Kipling, os músicos David Gilmour (Pink Floyd) e Leo Sayer, o tenista Fred Perry (o da marca do mesmo nome), ou as actrices Ida Lupino e Vivien Leigh (O que levouse o vento). É unha cidade duns 200.000 habitantes pero multiplica seu número no vran por ser as praias mais perto da urbe. Singularidade especial o seu Pier (muelle) con atraccións e xogos, restaurantes. As estreias calexas do centro histórico, cheas de comercios, xoieirías e restaurantes están cheas de xente, cheas de vida. O único pero é a area da praia, auténticos coios.
venres, 3 de xullo de 2015
ANTONIO GRAMSCI.- Fundador do Partido Comunista Italiano a principios do s. XX e da revista L´Ordine Nuovo, este pensador, periodista e activista político marxista, destacado por crear o concepto da "hexemonía e bloque hexemónico" así como estudar a "superestructura social" na que se baseaba a metáfora de Marx, encarcelado polo dictador Mussolini, é autor da obra "Odio ós indiferentes" que acabo de leer. Nela posicionase coa seguinte tese: Odio a los indiferentes. Creo que vivir quiere decir tomar partido. Quien verdaderamente vive, no puede dejar de ser ciudadano y partisano. La indiferencia y la abulia son parasitismo, son cobardía, no vida. Por eso odio a los indiferentes."
xoves, 2 de xullo de 2015
MARIO BENEDETTI.- Este autor uruguayo falecido en Montevideo en 2009 ós 89 anos de idade, foi non so un "poeta do amor e do cotidiano" como foi definido polo seu biógrafo, senon que participou nos movimentos de unidade popular uruguayos dos anos 70, e até tivo que exiliarse no 1973 despois do golpe de estado, regresando dez anos despois ó seu país. A novela "La tregua" que estou lendo agora, relata a vida do protagonista, un viudo ó borde da cincuentena e da xubilación laboral, con tres fillos e un traballo administrativo que non lle satisface, salvo por compartir cunha empregada do que é xefe que acabará namorando con ele e que morre de repente dunha gripe. Esta novela deu lugar a unha película co mesmo nome que en 1975 foi nominada ós Premios Oscar á mellor película de fala non inglesa, galardón que recaeu no film Amarcord, obra maestra de F. Fellini. De Benedetti tamén son os versos que musicou Joan Manuel Serrat no seu disco "El Sur también existe".
GRAN XAVI.- Despois de 17 anos no primeiro equipo do FCBarcelona, o capitán Xavi Hernández despideuse cun extraordinario segundo triplete da historia, único equipo europeo que o logra. Sae pola porta grande pra rematar sua carreira en Qatar. Deixou non so un fantástico palmarés tanto no Clube como na selección española, senon e mais importante dando unha imaxe de seny cautivadora. Este mestre do fútbol é apreciado mundialmente, incluso polos seus mais viscerais enemigos da caverna, poucas veces amonestado e ningunha expulso dun terreo de xogo. Sorte campeón na tua nova andadura pola arabia. Botarémoste de menos.
PATACAS.- Este tubérculo de orixe americana está protexido como denominación de orixe galega "pataca de Galicia" e pódense distinguir catro zonas principais: Bergantiños, Terra Cha, Monforte de Lemos e A Limia. Podríamos falar das infinitas formas de preparar as patacas: en tortilla, cachelos, asadas, guisadas, fritidas, puré, etc. Sempre formaron un gran acompañamento das comidas. Quén non comeu caldo galego ou unha allada? Este campo de patacas xa en flor está perto do Carballiño, concretamente no bairro de Toscaña e non lle falta moito pra recollida. Unha última cuestión sobor das suas propiedás, debido a sua grande cantidade de hidratos de carbono deben ser pouco usadas polos diabéticos; por outra parte é rica en almidón e potasio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










