Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 17 de xaneiro de 2014
SALVADOR DALI.- Cúmplese neste 2014 o 25 aniversario do paramento deste xenial pintor catalán, nado en Figueres en 1904, onde tamén morreu en 1989, ademáis de coñecido pola sua pintura cubista, surrealista e onírica, debe ser tamén coñecido polas suas ideas revolucionarias, afirmando cando xoven que España era unha merda. Estudante de belas artes na Escola madrileña de San Fernando, e residente na célebre Residencia de Estudiantes, coincidiu con ilustres persoeiros como Federico García Lorca ou Luis Buñuel, entre os mais coñecidos, cos cais intimou. Sua orixinalidade tanto polo seu xeito de vestir, con capa, longas melenas, e sua pintura pronto chamaron a atención na escola. Na obra de Ian Gibson que estou lendo (Dalí joven, Dalí genial) sobre sua xenialidade de xoven se afirma que o mellor da sua obra está na primeira etapa. Sua inspiración baséase segundo moitos críticos de arte na propria sexualidade e a maioría das figuras plasmadas nos seus cadros teñen relación co sexo e a figura femenina, principalmente tetas e cus.
xoves, 9 de xaneiro de 2014
JULES VERNE.- Escritor francés do século XIX, famoso polas suas obras fabulosas que co transcurso dos anos pódese dicer que foron premonitorias, aproveito a lectura do seu libro Cinco semanas en globo, pra deixar unha pequena reseña mais que merecida. Outras obras fantásticas son 20000 leguas de viaxe submarino, Viaxe ó centro da terra, Da terra á lua, Os fillos do capitán Grant, Miguel Strogoff, etc. Tamén foi diabético e un sobriño disparoulle un tiro a unha perna da que nunca se repuxo, son algunhas das anécdotas da sua historia vital.
ADN GALEGO.- Moitas veces téñome preguntado interiormente por qué certas cousas producen sentimentos ben diferentes entre distintas persas. No meu caso nin os touros, nin o flamenco, nin a bandeira de España, nin o himno, me producen sentimento algún, en todo caso de rexeite. Nembargantes, me producen escalofríos, erízanme a pel escoitar versos de Rosalía ou Curros ou Pondal, ver paisaxes das nosas costas ou do interior, sentir tocala gaita, entrar en tascas a tomar una viños, percorrer ruas antiguas de capitales ou vilas, sentir o cheiro das mimosas, ver a color das viñas e das montañas no outono, ver vellas de loito riguroso ... Podemos dizer que é o noso ADN, o galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





