venres, 20 de setembro de 2013

STEPHANE HESSEL.- Escritor e filósofo nacido en Alemania pero nacionalizado francés ós 20 anos de idade, antes de comezar a IIª Guerra Mundial. Antifascista, perteneceu á Resistencia francesa e foi capturado duas veces e enviado a campos de concentración, dos que conseguiu fuxir. Foi ponente da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, asaltóu ós medios de comunicación cos libros "Indignádevos", no cal fai un chamamento principalmente ós xóvenes para que non perdan o acadado no eido social, Seguridade social, pensións para traballadores na sua vellez, educación libre e gratuita sin distinción de clases, e se enfronten coa dictadura dos mercados financieros, co poder do diñeiro, cos Bancos e as familias que controlan o capital e o traballo. É dicer, enfrentarse co sistema implantado no mundo capitalista, de forma pacífica, sin quedarse indiferente á situación actual. Morreu en febreiro de este ano. Un libro que estou lendo e promete.


FESTAS DO SAN CIBRÁN.- Tódolos anos entre o 14 e o 19 de setembro celébranse no Carballiño as festas patronais, para as que se garda un dia festivo local. Este ano, coa crise, non houbo ningunha grande atracción, concerto ou presencia de algún artista que chamara á participación, simplemente unha orquestra diaria para facer verbea na praza maior e as clásicas barracas na Avenida do Balneario, miña rua. Dende o dia 9 permaneceu atrancada, 12 dias, e fai varios anos que a historia se repite, amén de non poder circular cos coches, o ruido das atraccións, barco vikingo, etc dura os principais dias até altas horas, convertindo o lugar nun inferno pra quen ten que traballar. Parece que o alcalde do PP prometeu mudar de sitio para o vindeiro ano.



mércores, 11 de setembro de 2013

domingo, 8 de setembro de 2013

MADRID 2020.- "Madrid se lleva un chaparrón" (PUBLICO), "Adiós a las primeras de cambio" (EL ECONOMISTA), "Adiós al sueño olímpico" (LA VANGUARDIA), "Tokyo vence con solvencia económica y tolerancia cero frente al dopaje" (EL PAIS), "Fin al sueño olímpico" (ABC). Esta foi a cuarta vez que Madrid presente sua candidatura para uns xogos olímpicos, sendo novamente rexeitada. As duas últimas convocatorias xa con unha situación económica lamentable en España, foron longamente criticadas nos sectores sociais, que ven mais necesario invertir en sanidade, educación e servicios públicos que malgastar unha fortuna en unha candidatura cuxo resultado era previsible. Outro matiz interesante para resaltar é o patriotismo que se desvela en certos persoeiros (ex. Alejandro Blanco, presidente do COE) enchendo a sua boca babosa de frases inadecuadas como "perdemos mais gañamos", "voltaremos e venceremos", "esto enche de patriotismo ós españois". Outros mostráronse mais cautos, como o impresentable ministro Wert "é unha grande decepción". En fin, non sei canta xente normal podría estar ilusionada con que Madrid fora elexida, o que sí sei é que o negocio que moitos xa tiñan preparado quedou chafado. As empresas patrocinadoras levaron un bo pao. O que quedou claro é que a visión de España no resto do mundo non é a que nos queren dar dende Madrid. "A chuparla" como diría o ínclito D.A. Maradona.


CORRUPCION.- Sen deixar de mirar para sectores como a política, a xustiza ou mesmo o deporte, onde é endémica, a corrupción que hoxe poño por exemplo ven da mao da empresa PESCANOVA, ou mellor do seu presidente e fillo do fundador Manuel Fernández de Sousa, que demitiu recentemente, ainda que nas primeiras declaracións dixo que se iba pra favorecer a marcha da empresa, agora vánse sabendo algúns dos seus negocios apropiándose de cartos da empresa, en concreto a sua muller Maria Rosario Andrade tentou enviar máis de 4 millóns de euros dende unha conta en Portugal a nome dunha empresa do empresario imputado, a outra aberta pola señora na China, sendo dita operación bloqueada polo xuiz que leva o caso. Estos delincuentes de garabata e colo branco, educados en colexios e universidades de pagamento, residenciados nos bairros mellor considerados das suas cidades, ainda non teñen delitos específicos no Código Penal e viven ceives como paxaros, a conta de fundir empresas e accionistas. Qué pensaría "Rodolfo Langostino" si levanta sua cabeza e decindo "lo bueno sabe bien" olla cómo este par de cabróns escapa co forrollo.



venres, 6 de setembro de 2013

BERTRAND RUSSELL.- Este filósofo británico, cuxa obra "Why I am not a Christian" (por qué non sou cristián?) estou lendo neste intre, destacou en moitas áreas do pensamento, incluso en matemáticas, mais foron algunhas iniciativas que parecer ser actuales e que el foi capaz de "sentir" , adiantándose no seu tempo. Como manifesta a wikipedia Russell foi un coñecido pacifista durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que se manifestou a favor de tomar accións bélicas durante a Segunda Guerra Mundial, alegando que un mundo onde o fascismo fose a ideoloxía reinante sería un mundo onde o mellor da civilización morrería e non valería a pena vivir. Estivo en prisión dúas veces, a primeira conectada coas súas actividades pacifistas durante a gran guerra e a segunda por participar nunha manifestación contra a proliferación de armas nucleares. Contraeu matrimonio catro veces. A última vez, con Edith Finch, puido alcanzar a paz e entendemento que sempre buscou. Tivo tres fillos, John, Kate e Conrad. Conrad converteuse nun importante político do Partido Liberal Demócrata en Inglaterra e nun historiador erudito, morreu recentemente quinto conde de Russell. Russell foi tamén ademais de activista e pensador de primeira liña un soberbio polemicista que se convirtiu na ícona do racionalismo para toda unha xeración. Polemizou sobre o control de natalidade, os dereitos das mulleres, a inmoralidad das armas nucleares, e sobre as deficiencias nos argumentos e razóns esgrimidos a favor da existencia de Deus. Sempre nos seus escritos fixo gala non só dun magnífico estilo literario senón tamén dun excelente sentido do humor e unha habilidade para sorprender e provocar coa ironía, o sarcasmo e a metáfora.


OS DEZ MANDAMENTOS DE BERTRAND RUSSELL.
1. No estés absolutamente seguro de nada.
2. No creas conveniente actuar ocultando pruebas, pues las pruebas terminan por salir a la luz.
3. Nunca intentes oponerte al raciocinio, pues seguramente lo conseguirás.
4. Cuando encuentres oposición, aunque provenga de tu esposo o de tus hijos, trata de superarla por medio de la razón y no de la autoridad, pues una victoria que dependa de la autoridad es irreal e ilusoria.
5. No respetes la autoridad de los demás, pues siempre se encuentran autoridades enfrentadas.
6. No utilices la fuerza para suprimir las ideas que crees perniciosas, pues si lo haces, ellas te suprimirán a ti.
7. No temas ser extravagante en tus ideas, pues todas la ideas ahora aceptadas fueron en su día extravagantes.
8. Disfruta más con la discrepancia inteligente que con la conformidad pasiva, pues si valoras la inteligencia como debieras, aquélla significa un acuerdo más profundo que ésta.
9. Muéstrate escrupuloso en la verdad, aunque la verdad sea incómoda, pues más incómoda es cuando tratas de ocultarla.
10. No sientas envidia de la felicidad de los que viven en el paraíso de los necios, pues sólo un necio pensará que eso es la felicidad.

xoves, 5 de setembro de 2013