PERSPECTIVA CEIVE

Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.

mércores, 22 de outubro de 2014

CORPO HUMÁN.- Cada vez estou mais asombrado coa perfección do noso corpo, mais agora despois de ter sofrido un esguince de tobillo. Basta mirar a estructura ósea e muscular do noso pe, pra adivinar a multitude de pequenos osos e músculos interrelacionados, dende a punta dos dedos até o talón e no principio da perna, onde conflúen tibia e peroné. Voltar a colocar todos eses osos e músculos no seu lugar pra que fagan suas respectivas funcións é o labor da rehabilitación, que comeza con pequenas sesiós de contraste en auga quente e fría e remata con corrientes e exercicios rotatorios. Unha rehabilitación lenta e dolorosa, pero necesaria.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 07:37 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

venres, 17 de outubro de 2014

CONCEPCION ARENAL.- Esta ilustre xurista galega do século XIX é a autora do libro que estou lendo "El reo, el pueblo y el verdugo" no cal xustifica desde os tres puntos de vista a eliminación da pena de morte, con base tanto na sua experiencia como penalista e criminóloga, como experta en institucións penitenciarias. Tamén destacou sua labor como feminista, preocupándose con un século de antelación á igualdade real de sexos, cando menos no eido legal e na escrita, que hoxe mais de 150 anos despois, ainda non ten reflexo exacto na sociedade hispana, e moito menos na galega.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 08:26 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

xoves, 9 de outubro de 2014

OSCAR WILDE.- Este irlandés (de aquela Irlanda perteñecía a Great Britain) poeta, dramaturgo e novelista, autor de obras tan relevantes como O Retrado de Dorian Gray ou A Importancia de Chamarse Ernesto, teve unha vida marcada polo infortunio, cando por azares do destino foi acusado de homosexual por un importante empresario, perdeu unha querela porque os defensores do acusador poideron probar a excusa accusatio, e foi condeado a dous anos de cadea. Durante este período escribeu sua derradeira obra Balada na cárcel de Reading, un poema que estou lendo tanto en english como traducido ó castelán. Despois de cumplir condena marchou pra Francia deixando sua familia en London. Morreu na indixencia o ano 1900 á idade de 46 anos.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 08:44 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribirse a: Publicacións (Atom)

Arquivo do blog

  • ►  2016 (13)
    • ►  agosto (4)
    • ►  marzo (4)
    • ►  febreiro (4)
    • ►  xaneiro (1)
  • ►  2015 (46)
    • ►  decembro (12)
    • ►  outubro (3)
    • ►  xullo (12)
    • ►  maio (2)
    • ►  abril (6)
    • ►  marzo (1)
    • ►  febreiro (6)
    • ►  xaneiro (4)
  • ▼  2014 (74)
    • ►  decembro (11)
    • ►  novembro (1)
    • ▼  outubro (3)
      • CORPO HUMÁN.- Cada vez estou mais asombrado coa pe...
      • CONCEPCION ARENAL.- Esta ilustre xurista galega do...
      • OSCAR WILDE.- Este irlandés (de aquela Irlanda per...
    • ►  setembro (11)
    • ►  xullo (5)
    • ►  xuño (8)
    • ►  maio (5)
    • ►  abril (7)
    • ►  marzo (17)
    • ►  febreiro (1)
    • ►  xaneiro (5)
  • ►  2013 (74)
    • ►  decembro (5)
    • ►  novembro (3)
    • ►  setembro (9)
    • ►  agosto (7)
    • ►  xullo (29)
    • ►  xuño (9)
    • ►  maio (12)

Acerca de min

A miña foto
Xosé Francisco de Castro
Neste blog pretendo dar unha visión propia de diversos aspectos personais e da vida.
Ver o meu perfil completo
Tema Ventá de imaxe. Con tecnoloxía de Blogger.