Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 6 de novembro de 2013
CATALINA II DE RUSIA, A GRANDE.- Para coñecer un pouco mellor a historia de Rusia do século XVIII é imprescindible coñecer a biografía de esta muller. Natural dun condado da antiga Prusia foi elexida pola emperatriz Isabel de Rusia para casamento con Pedro, nomeado sucesor de Isabel, si ben non chegaron a consumar o matrimonio de conveniencia. Durante seu mandato Rusia tuvo unha gran expansión e ela sempre quixo que no exterior, aquelas grandes potencias do século (Francia, Austria, Gran Bretaña ou Prusia) tuveran un concepto de ela como persoa culta, aberta e liberal, ainda que no interior practicaba sua política con man de ferro. Estou lendo sua biografía, un tocho de mais de 2.000 páxinas, escrito por Robert Massie, moi ameno, cheo de anécdotas, e polo tanto recomendable.
venres, 1 de novembro de 2013
LOU REED.-O dia 27 de octubro vai morrer este artista, cantante e guitarrista, como consecuencia da reacción dun trasplante de fígado que lle fixeron cinco meses antes. Segundo comunicou sua muller estaba practicando tai-chi. En canto sua faceta como cantante, guitarrista e compositor, somos debedores do seu xeito de entender a música e a gran influencia que tanto durante sua estadía no grupo The Velvet Underground, no que tamén participaba John Cale, e fora patrocinada por Andy Warhol, como na sua carreira en solitario, teve no denominado rock alternativo que deu lugar a innumerables grupos como Ramones e tendencias vangardistas como o punk e seus derivados. Canciós inesquecibeis tanto da Velvet (Sweet Jane, Heroin) como despois ( Perfect day, Walk on the wild side). R.I.P.
LONDON.- A auténtica capital do mundo, non so do mundo capitalista e financeiro, senon pola mezcla de razas, sua arquitectura, seu conservadurismo entendido como defensa das cousas boas, o respecto da natureza. En fin, esta derradeira viaxe serviu pra comprobar tamén que a crisis é ben diferente en aqueles países consolidados industrialmente, de aqueles que dependen do exterior para soster seu nivel de vida, seu status quo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


