Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 7 de marzo de 2016
BOROUGH MARKET.- Este antigo mercado de comida londinense, garda certa semellanza na arquitectura do edificio co Mercat da Boquería de Barcelona, e tamén na distribución exterior. Un martes calquera tiña moitos postos pechados, pero así e todo había actuación musical no patio exterior, onde pode comerse todo tipo de comidas, británicas e internacionais. Parece que os fins de semana están ateigados de postos e xente.
TOWER BRIDGE.- Esta ponte levadiza sobor do rio Támesis, radicado perto da Torre de Londres (de ahí seu nome), foi construido en 1894 baixo diseño de Horace Jones, Arquitecto da cidade, e supón un dos mais importantes monumentos da cidade inglesa, imprescindible pra unha visita e cruzar por ambas marxes do rio. O proxecto de construcción foi iniciado para dar servizo á navegación fluvial dende o Porto de Londres até a Torre e tiña que permitir o paso de grandes buques de mercaderías ó centro da cidade e ó mesmo tempo unir no local ambas partes da cidade, co ouxeto de expansionarse.
SUSHI.- Esta exquisita comida xaponesa de contido sinxelo a base de arroz, algas e algún tipo de peixe ou ovo, recentemente descuberta por min, a traveso dos viaxes a Londres a visitar a Oscar, sorprende tanto polo seu sabor como pola textura e presencia, acompañada do wasabi e xenxibre, e móllase en salsa de soxa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








