xoves, 4 de agosto de 2016

CANTERBURY.-Canterbury é o principal centro relixioso do Reino Unido por ser a sede do arcebispo de Canterbury, o líder espiritual da Igrexa de Inglaterra (é, xa que logo, o segundo líder cristián máis importante de Europa, logo do Papa de Roma). Desde 2003 ocupa o arcebispado Rowan Williams. Historia[editar | editar a fonte] Poboada desde tempos prehistóricos, Canterbury xa foi un centro administrativo romano. Co fin da dominación de Roma, a cidade foi invadida polos xutos que asentaron alí o Reino de Kent. En 597, o misioneiro Agostiño desembarcou en Canterbury co obxectivo de iniciar a conversión dos anglosaxóns. Desde entón, a cidade foi un centro da relixión cristiá, converténdose rapidamente na sede do arcebispo primado de Inglaterra. Foi un importante centro de peregrinación durante a Idade Media, e fíxose soada na obra Os Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer. En 1170 foi asasinado na súa catedral o arcebispo Tomé Becket. É famosa a súa catedral, sede do arcebispo.







CAMPING ARLANZA.- A pouco mais de 1,5 km da poboación de Quintanar de la Sierra (Sierra de la Demanda), perto da línea divisoria das comunidades autónomas Castilla-León e La Rioja, na provincia de Burgos, neste camping pasamos o fin de semana do bautizo dos fillos de Eva e César, Neila e Asur, en medio da familia de Marivi. Dende Galicia fomos Mima, Mey e Tito e mais eu. O lugar merece a pena ó tratarse dun paraxe natural de montana, atravesado por un rio transparente. Perto están as piscinas municipais. Nós quedamos en dous bungalós.



NECROPOLIS DE CUYACABRAS.-En Quintanar de la Sierra hay un conjunto de necrópolis (tumbas antropomórficas excavadas en el roquedo) y eremitorios altomedievales, que se conservan en poblados de gran interés y constituyen un rico patrimonio cultural, verdadero paradigma de la arqueología burgalesa y considerados como auténticos tesoros. Su elevado atractivo turístico emana tanto del interés de los yacimientos en sí, como del gran valor ecológico y medioambiental de los parajes en los que se integra. O debuxo representa cómo serían orixinalmente as tumbas, e as fotos mostran unha parte da actualidad.




BAUTIZO NEILA E ASUR.- O sábado 30 de xullo foi o dia elexido pra o bautismo "celta" de Neila e Asur. O acto celebróuse á unha do mediodía no paraxe natural de Fuente Sanza, onde nasce o rio Arlanza. Pra ocasión a familia vestiuse da época, con túnicas. Posteriormente hubo un xantar no camping Arlanza, lugar de residencia de moitos dos asistentes



luns, 7 de marzo de 2016

BOROUGH MARKET.- Este antigo mercado de comida londinense, garda certa semellanza na arquitectura do edificio co Mercat da Boquería de Barcelona, e tamén na distribución exterior. Un martes calquera tiña moitos postos pechados, pero así e todo había actuación musical no patio exterior, onde pode comerse todo tipo de comidas, británicas e internacionais. Parece que os fins de semana están ateigados de postos e xente.





TOWER BRIDGE.- Esta ponte levadiza sobor do rio Támesis, radicado perto da Torre de Londres (de ahí seu nome), foi construido en 1894 baixo diseño de Horace Jones, Arquitecto da cidade, e supón un dos mais importantes monumentos da cidade inglesa, imprescindible pra unha visita e cruzar por ambas marxes do rio. O proxecto de construcción foi iniciado para dar servizo á navegación fluvial dende o Porto de Londres até a Torre e tiña que permitir o paso de grandes buques de mercaderías ó centro da cidade e ó mesmo tempo unir no local ambas partes da cidade, co ouxeto de expansionarse.




MERCADO DE CHINATOWN EN LONDRES.- Chamaronme a atención estas pezas de yuka e chow chow, o que en Brasil é coñecido por mandioca e chuchu, provenientes do mercado asiático. Unha pena que os vin a primeira hora da mañá e non podía cargar coa bolsa todo o día.


SUSHI.- Esta exquisita comida xaponesa de contido sinxelo a base de arroz, algas e algún tipo de peixe ou ovo, recentemente descuberta por min, a traveso dos viaxes a Londres a visitar a Oscar, sorprende tanto polo seu sabor como pola textura e presencia, acompañada do wasabi e xenxibre, e móllase en salsa de soxa.


venres, 5 de febreiro de 2016

O EMIGRANTE.- Esta obra escultórica do noso amigo e artista carballiñés Suso Carballido preside a Praza do Emigrante no centro da Vila. Trátase dunha figura que busca o seu destiño no mundo, como os dos emigrantes. Está formada por láminas de cobre que nos dias chuviosos e con sol da uns refrexos moi interesantes para a fotografía.


DAVID BOWIE.- O pasado mes de xaneiro faleceu este artista británico despois de loitar cun cancro de páncreas durante mais de ano e meio. O autor de míticas cancións como Héroes, Starman, Rebel rebel, The man who sold the world ou Under pressure, e símbolo dunha época da indefinición persoal, foi ouxeto de infinidade de homaxes por todo o mundo. Aquí deixo unhas fotos tomadas por Oscar en London.





ESCARABOTE.- Este pequeno pobo pesqueiro a carón de Boiro (A Coruña), cuxo nome ven do peixe tamén chamado escarabote, semellante á faneca brava, sirveu de punto de reunión da derradeira reunión da Federación de PB Galegas, coincidindo un dia de inverno completamente soleado. Neste pobo tamén se atopa a conserveira Escurís, con fama de ser unha das mellores de Galicia