Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
domingo, 29 de xuño de 2014
TUBE OF LONDON.- En Londres o metro chámanlle "tube" e tamén, en menor medida, "underground", ten unha rede de 11 diferentes líñas e é o mellor sistema de transporte público. Os tickets son variados, dependendo da zona (nove zonas), polo que un ticket pra zona 1-2 (central) non sirve na zona 6 (Heathrow) por poñer un exemplo. Antes podías facerte o tolo e achacar a un erro ou iñorancia, mais hoxe co sistema informatizado de control de tickets en que verifican a entrada e saída do tube fai imposible o erro, porque ó chegar a destino non abren as portas e tes que pagar a diferencia, o que nos pasou a Daniel e a min no aeroporto de Heathrow. Os tickets poden ser por viaxe (4,5 pounds, o que sae mais caro), diario (7,15 pounds) permite viaxar en metro e bus todo o dia dentro da zona correspondente, semanal, mensual (unhas 120 pounds) e anual. O sistema mais cómodo e barato é utilizar unha tarxeta "oyster" que se recarga como as telefónicas e avisa cando quedas sen saldo. Pódense comprar en cada estación.Salvo o ticket simple o resto pódense usar tanto en tube como en bus.
venres, 27 de xuño de 2014
MARGRAVINE CEMETERY.- Este orixinal parque, antigo cemiterio, separa a estación de metro de Barons Court da casa onde moran Oscar e Diana na rua Claxton Grove, en London, e entre tumbas andan soltas ardillas e raposos, estos principalmente de noite dan uns berros que poñen a pel de galiña. Comentan que xa viron varios e non se asustan nin fuxen diante da presenza de humáns. Van principalmente comer os contenedores de lixo que pola mañán aparecen coa basura ciscada. Curiosos veciños teñen alí: mortos, ardillas e raposos.
mércores, 25 de xuño de 2014
VENDA A PRAZOS.- Tanto en Brasil como en Portugal a venda de calquer producto ou ben a prazos anúnciase mediante o número de prazos cunha x que siñifica por, no caso da foto son dez prazos, polo que divídese o prezo por dez e obténse o importe de cada prazo. Ademáis s/juros quer dicer sen intereses, polo que non ten recargo a dilación temporal do pagamento. Fixéime principalmente en Barra do Garças cando estive alá, fai tres anos, e o venres pasado en Melgaço tirei a foto.
martes, 24 de xuño de 2014
ABBEY ROAD.- Por primeira vez pisamos este paso de peóns emblemático, dende que The Beatles fundaran seu estudo de grabación nas inmediacións, que permanece tal cal está fotografado na portado dun dos seus derradeiros LPs nomeado como a própria rua Abbey Road. É incrível que a calquera hora do día esté cheio de xente pra sacar a correspondente foto atravesando a mítica rua, incluso os coches paran para permitir as fotos. E ahí os tres De Castro cumprindo o ritual.
martes, 17 de xuño de 2014
OXFORD.- A cidade de Oxford atópase a hora e meia de bus dende a estación Victoria de London. É un conxunto monumental impresionante de edificios do século XIII e posteriores, xardins e comercio, tremendamente masificado polo turismo. A University non é como a entendemos aquí, de campus único universitario, si non que se trata de diversos Colleges, o mais famoso dos cales é o Merton College T.S. Eliot, adicado ó autor do Señor dos anelos, que estudou nel. Nas ruas existen paneles adicados a lembrar algúns dos principais estudantes da University de Oxford, como Shakespeare, Dante, Gutenberg, entre outros moitos, teñen un abecedario por cada famoso estudante.
mércores, 4 de xuño de 2014
GOING BACK TO LONDON.- Mañá voltarei a London a facerlle unha visita a Oscar, e aí o plano da sua casa no núm. 81 da rua Claxton Grove, perto do metro Barons Court, líña que enlaza o aeroporto de Heathrow, e ó carón do cemiterio Hammersmith. É unha zona perto de onde estaba anteriormente, cómoda, tranquila e ben comunicada. O único inconvinte será dormir perto dos mortos.
martes, 3 de xuño de 2014
XOCONFA.- Fai casi vinte anos de aquela primeira reunión familiar con programa, que organizei na zona de Leiro, non podía faltar unha misa en lembranza dos familiares falecidos. O deseño da invitación é de Chicho. Teño fotos da festa mais ainda non están dixitalizadas. Houbo un posterior intento de organizar unha segunda xornada de convivencia familiar, que nunca se levou a cabo, porque comezamos a facer xantares familiares periódicos, aproveitando santos, reis ou calquer outro motivo, aproximadamente cada tres meses. Aquel intento de segunda xoconfa habría sido en Geres, Portugal, con traslado en ómnibus, e paradas en Celanova e Lobios. O xantar sería un bo bacalhau no Hotel Aguas das Termas e pola tarde un paseo no parque das termas, con posibilidade dunha volta en barca polo lago.
CAN CULLERETES.- O segundo restaurante mais antigo de España, despois do "Sobrino de Botín", de Madrid, que ten o récord mundial, este de Barcelona data de 1786, é dicer, tres anos antes da Revolución Francesa. Tiven a sorte de comer varias veces nel, pois queda nunha rua paralela á Rambla de Catalunya, perto da Generalitat. Guióume por primeira vez o meu amigo Demetrio González Martín, cando ia ás reunións do Consell Consultiu de Penyes. Moito recomendable e a un prezo razoable. Si queremos ir no dia, sen reserva, procuremos madrugar no horario, porque sempre está até o tope. Especializado en comida catalana e mediterránea, entre seus platos principais está o pica-pica de peixe e marisco, e uns deliciosos postres a base de chocolate.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












