Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
domingo, 30 de marzo de 2014
LATIN.- Esta lingua xa morta que naceu na rexión do Lacio na antiga Roma, serviu durante moitos anos de vaso comunicador de culturas e relixión. Ainda hoxe en escritos históricos e filosóficos abundan citas de escritores da antigüidade. Un deles, Virgilio, nesta obra Eneida do século I a.C., por encargo do emperador Augusto, que continuóu a obra epopeia de Homero nos deixa unha frase inmortal: "Et, quamcumque viam dederit Fortuna, sequatur" (Eneida X, 49), que ven dicer "e que cada cal siga seu camiño, sexa cal sexa, que a fortuna lle deparou", referíndose ó destiño. Él escribeu Fortuna con maiúsculas por referencia á deusa.
venres, 28 de marzo de 2014
VACAS.- Agora que o nome do xogador do Sevilla Bacca está na palestra por ser o autor dos dous goles na derrota do Madrid que pode facerlle perder a Liga 2013-14, venme á lembranza de aquelas cabañas vacunas que tiñan as nosas aldeas de antiguo, até que o país decideu entrar na UE que para evitar o colapso coas industrias leiteiras francesa e holandesa indemnizou pobremente ós nosos labregos para sacrificar seu gando. Estampas como as da fotografía obtida fai uns días nos campos de San Amaro abundaban, principalmente na Coruña e Lugo. Agora son excepción, mais non descarto algún día volten a ollarse os nosos campos con estos maravillosos animáis, podamos beber un leite sabroso e comer aquela nata con zucre ou en galletas.
luns, 24 de marzo de 2014
LEO MESSI.- Non quería deixar de amosar a miña admiración por este estratosférico xogador de fútbol, ao marxe das miñas simpatías polo FCBarcelona. Cando todo o mundo daba como favorito ó Madrid para gañar, e incluso pronosticando unha goleada de escándalo pola diferenza na que --segundo a caverna mediática de Madrid-- chegaban ambolos dous equipos ó clásico do Bernabeu de onte, apareceu este pequeno xenio e puxo o partido patas enriba con un hat trick e duas maxistrais asistencias a Iniesta e Neymar, que permitiron bañar e, ó mesmo tempo, pelexar pola Liga e poñer ó descuberto que o Madrid é vulnerable e tan só vai gañando os partidos contra equipos menores, mais falla cando é a hora de enfrentarse a ós da sua propia competencia. Messi fixo lembrar que é o mellor do mundo e que CR7 debería devolverlle a pelota de ouro.
LENDAS DO BARÇA.- Na celebración do X Aniversario da Peña Barcelonista Val de Lemos, de Monforte de Lemos, xuntáronse en terras galegas tres antiguos xogadores do FCBarcelona, Fusté, Rexach e Costas. Un luxo poder conversar con eles e facer unjas selfies de lembranza. O acto foi moito meritorio por ter traído a Peña semellantes personeros, que forman unha auténtica lenda blaugrana, ademáis participaron na recepción no concello, nun coloquio e na cea, siempre amabeis, simpáticos e agarimosos, cunha grande paciencia pra atender os peñístas e sacar fotos con eles. Evidentemente cando se triunfa nunha profisión é por algo.
sábado, 22 de marzo de 2014
ADEGA ALGUEIRA.- Fernando Algueira, este colleiteiro da Ribeira Sacra, creador duns caldos branco godello e tinto mencía realmente sabrosos, dime que produce sua adega (www.adegaalgueira.com) unhas 170.000 botellas anuais, aparecendo na sua web tres brancos diferentes e oito variedades de viños tintos. A localización en Doade, Sober indícanos que se trata das mellores bancais da zona vitivinícola da Ribeira Sacra. Un luxo para os paladares mais exquisitos e expertos e unha boa experiencia para mín, ó coñecelos viños e seu creador.
mércores, 19 de marzo de 2014
DIA DO PAI.- Ninguén sabe o siñificado de ter fillos até que os tén. Hoxe, cando os meus xa son maduros (din que pra os pais, sempre son nenos) e transitan pola vida de xeito independente, con relativo éxito personal e profesional, é un motivo de orgullo de pai botala vista atrás e lembrar todos os pasos que se deron até chegar aquí, superando innúmeras dificultás, botando imaxinación, sempre coa finalidade de darlles unha boa educación e un exemplo non moi distorsionador e de respeito tanto das persoas como da natureza. Ver hoxe a Daniel agobiado polo seu traballo e saindo adiante con esforzo, é moi agradable, e Oscar co seu traballo e xa no seu novo piso de Londres, cheo de luz e un toque femenino, dan gañas enormes de pisar nel e disfrutar da sua compaña. Os fillos son todo na vida. Non concibo esos seres que os maltratan, os venden e incluso os matan. Non son humáns.
PEPSI COLA.- Non son benedor nin de este nin de outros refrescos semellantes, e menos de todo da coca-cola, brebaxe adictivo e creador de insomnio, ademáis de ter eliminado catro das sete plantas que ten no país e facer un ERE con mais de 1.300 traballadores á rua, cando os beneficios anuais superan os mil millóns de euros, e pretenden dar 80 millóns ó ano pola publicidade do bernabeu. Agora, menos que nunca, nada coca-cola!
martes, 18 de marzo de 2014
COVA DE FINGAL.- Proseguindo nosa viaxe por Escocia, atopámonos coa illa Staffa, no arquipiélago das Hébridas, na que existen duas formaciós xeolóxicas inigualabeis: as columnas basálticas, tanto externas como internas, que dan ó conxunto un aura de irrealidade, e a cova ou gruta de Fingal, situada no sur da illa, en gaélico Uamm Binh, siñifica "cova melodiosa", nome atribuído á acústica do seu interior. Dícese que en 1829 o célebre compositos alemán Félix Mendelsohn, ó acercarse á cova nun bote a remos, o son das ondas chocando contra as rochas inspiróulle a composición da sua obra As Hébridas. O novelista Walter Scott dixo que era un dos lugares mais fermosos que nunca vira. O documental de tv que eu vin deixóume abraiado, por eso decidín compartir.
luns, 17 de marzo de 2014
FORTH BRIDGE.- Agora que somente faltan sete meses para que se celebre o referéndum sobor da independencia de Escocia, é oportuno traer a este blog un dos monumentos mais importantes, en canto obra civil do futuro Estado: The forth bridge, tamén chamado forth rail bridge, pra diferencialo do forth road bridge, porque un é pra trens e o outro pra vehículos, formando parte das comunicacións entre a capital Edimburgo, da que está a 14 km., e a pequena cidade de Fife. Non vou decir nada canto á obra de enxeñería, pero debemos ter en conta que foi feito no século XIX. Vin esta ponte nun documental sobor Escocia da TV e quedei prendado, con moitas gañas de coñecer o lugar.
venres, 14 de marzo de 2014
DIOR HOMME.- Desde logo é certo o refrán "nunca te acostarás sin saber una cosa más". Hoxe chégame por email un novo newsletter da casa Dior no que aparece, entre outro moitos productos, a colonia que uso eu. E profundizando un pouco no tema entérome do que está feita nunha auténtica cata olfativa: Baséase en tres nota , 1) nota de corazón, coa planta Iris da Toscana, para cuxo proceso de extracción, longo e delicado, fai falla tratar o rizoma, que debe secarse durante tres anos como mínimo. Seu cheiro con acordes empolvados, despega seus verdes acentos amaderados, evocando un cheiro tranquilizador de pan quente; 2) unha nota de fondo marcada pola Vetiver de Haití, planta vivaz cucas raíces conteñen os principios odoríferos. Seu aceite esencial obténse mediante destilación con vapor de auga ; 3) Unha nota de saida, co Gardamomo de Guatemala, planta que destilada tamén con vapor de auga coordinase maravillosamente coas fraganzas masculinas a base de notas amaneradas. É o frescor de saída. Xa sabemos un pouquiño mais de cómo se fai unha coloña.
martes, 11 de marzo de 2014
PIERRE DUCASSÉ.- Rematei o libro Historia das Técnicas, de este autor, nacido en 1905 e finado en 1983, formado en Filosofía e tamén en Ciencias na Universidade da Sorbona, París. Autor de varios libros, entre eles "As ganes filosofías", "As técnicas e o filósofo", "Historia das ciencias" e "Historia das técnicas". Durante seu magisterio foi Secretario do Institute d´Histoire des Sciences, profesor de filosofía na Faculté des Lettres, de Besançon, e desoís profesor no Conservatoire National des Arts et Métiers. Na Historia das técnicas comeza desde a prehistoria até os grandes inventos do home dos séculos XIX e XX, rematando cunha crítica moi interesante da dependencia do home das máquinas. "Retira tus manos de la muela, molinera; duerme mucho, aunque el canto del gallo anuncie el día, pues Deméter encargó a las ninfas el trabajo que realizan tus manos, las ninfas se precipitan desde la alta de una rueda hacen girar el eje que, mediante tornillos de engranaje, mueve el peso cóncavo de las muelas de Nizyra. Gustaremos la vida de la edad de oro si aprendemos a saborear sin esfuerzo las obras de Deméter." Así, dice el autor, elogiaba el molino de agua un poeta griego de la antigüedad. Pero aún estaba distante el día en que una transformación profunda del trabajo y de las relaciones sociales habría de promover la aplicación en gran escala a la industria del molino del agua y de las nuevas técnicas. Entre tanto, "acostumbrados desde muchos siglos atrás a emplear la energía humana, las antiguas no solamente no buscaron un cambio tan brusco en sus tradiciones económicas, sociales, políticas y religiosas, sino que la temieron". De este y otros ejemplos mencionados en el libro se desprende la gran distancia que existe entre la semilla intelectual de un invento y la aplicación sistemática y colectiva que, basada en técnicas de probada eficacia, la convierte en una institución social. Pierre Ducassé, profesor de filosofía de la Facultad de Letras de la Universidad de Besancon, encargada de la enseñanza en el Conservatorio Nacional de Artes y Oficios, se ocupa en este libro de la historia de las técnicas (con especial consideración de la Revolución Industrial) y de sus relaciones con el desarrollo de la industria, de las relaciones sociales y del conocimiento. Un tema tan vasto y complejo, tratado en forma ágil e instructiva, hace de éste un libro que a pocos podrá dejar de interesar vivamente. El lector tendrá oportunidad de seguir su desarrollo con entusiasmo y provecho, aun cuando disienta con algunas de sus conclusiones.
POLO CON ARROZ.- Despois de varios intentos, por fin conseguín un polo con arroz "perfecto", extraordinario, do nivel que fai Carlos, o da Tajá, e con poucos ingredientes: o polo, o arroz, aceite, sal, prixel, cebola e allo. Un caldo feito cunha pastilla de avecrem e unha pementa do cheiro. O éxito débese, en primeiro lugar, a freir o polo, salgado, cortado en anacos pequenos; unha vez ben fritido, sacamos pra unha fonte e botamos a cebola, o allo, o prixel e a pementa do cheiro, baixando o lume pra evitar que se pase, debendo quedar frito pero branco. Retiramos casi todo aceite e botamos o arroz para freir xunto coas verduras co resto de aceite que deixamos, uns 5 minutos, engadimos os trozos de polo, o caldo feito e si non chega botamos mais auga, e se deixa facendo a fogo lento uns 15 minutos, engadindo un pouco de sal. Apagamos e deixamos repousar tapando a panela cun pano, outros 5 minutos. Fantástico.
DESFEITA URBANÍSTICA.- A modo de exemplo do fracaso urbanístico galego, tanto na costa como nas cidades e povos do interior, no rural, vai esta fotografía da illa de Toralla, con ese mamotreto que afea toda a ria de Vigo, e é visible dende calquer punto. Cál sería o coste en aquelas épocas oscuras e as comisións ó alcalde de turno. En outra ocasión vou profundar sobre este mal endémico, que con gran silencio sofremos no Carballiño, deixando unha cidade armónica, agradable pra vivir e visitar, convertida nunha cidade esperpéntica.
PRIMAVEIRA.- Ainda que oficialmente non comeza até o 21 de marzo, nótase no ambiente a saída do inverno, os derradeiros coletazos poden dar algún que outro día malo, mais a maioría parece que xa será bon tempo. E nótase tanto nas flores das arbres canto nas praias, con gran cantidade de xente ateigando a area. Esto tamén lembra que está a piques de escomenzar a tempada de pesca e teño que ir preparando a caña e carrete, repoñer sedal e cucharillas, pra estar a punto. A foto colle a praia do Bao, perto de Vigo, está tomada dende a ponte que vai á illa de Toralla.
sábado, 8 de marzo de 2014
CULTURA CASTREXA.- Con motivo da inauguración do centro de investigación desta cultura nosa, voltei dar un percorrido polo castro de San Cibrán de Lás (San Amaro) e ver as novas excavacións así como o edificio revén inaugurado, que está dotado de varias salas explicativas tanto da cultura castrexa como da sua evolución histórica, por certo fun o segundo en entrar tal como dí a entrada. Despois un longo paseo polo interior do castro pra tratar de acabar máis información sobre o xeito de vida dos nosos antergos, coincidindo con unha repórter da TVG, que me fixo unha entrevista. Pra finalizar un café na cafetería estrenada.
venres, 7 de marzo de 2014
POZAS DE MELON E FERVENZAS DE TOURON.- O rio Cerves nace na serra de Avión, mide 16 km. até sua foz no rio Miño, distancia na que descende de un nivel de 1.000 metros, polo que seu percorrido está cheo de fervenzas e pozas, afluentes e torrentes cando chove moito. As fervenzas de Tourón no curso alto do rio son alucinantes, porque existen tres consecutivas de mais de 20 metros de altura. As pozas de Melón están no curso baixo, e parten da antiga carretera de Ourense a Vigo, xusto onde hoxe se entra na autovía das rias baixas. Por a marxe esquerda do rio, subindo, existe un bo camiño pra facer senderismo, e ó chegar ás Mestas cóllese á dereita até as fervenzas de Tourón. En total son uns 4 kms. de percorrido, inesquecibel.
ENTROIDO DE COVELO.- Por primeira vez, por curiosidade, acudín a esta festa na Serra do Suído, nun povo de mais casas que xente, Covelo, pertenecente ó concello de Melón. A pesares de mal tempo, déuse cita no cume do monte unha morea de xente, despois enteréime que se chama da Raña, unha procesión encabezada por un carro de bois que levaba ben atados a don Entroido e sua dona, e seguíalle o Rei montado a cabalo e o seu séquito, vestido do xeito que se ve na foto. Baixaba a comitiva cara o povo de Covelo e ia parando nas casas habitadas para tomar un aperitivo até chegar ó pé da eirexa onde íase celebrar unha subasta de lotes comestibeis. Despois un xantar para quen quixer no adro da eirexa, con pulpeira de Arcos, empanadas, etc. Os actos dan comenzo ás 11,30 da mañá. Pola tarde non estiven, mais segundo as noticias dos medios, vóltase subir ó monte e a xente do povo trata de quitarlle a coroa ó Rei, quen queda con ela será o Rei do vindeiro ano. Ancestral, enxebre, diferente entroido galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































