luns, 8 de xullo de 2013

ÉZARO.- A poucos kms. de Cee e collendo a carretera de Muros pódese visitar esta fervenza do rio Xallas cuxo caudal é regulado nos seus 60 km. de percorrido por cinco presas (!). A derradeira a menos dun km. da sua desembocadura no océano Atlántico na localidade de Ézaro. Despois de mais dun seculo de existencia dende fai uns poucos anos, as autoridades baixo a presión dos ecoloxístas obrigou á empresa explotadora Ferroatlántica a deixar un caudal para que a xente pudera ver e disfrutar do que antaño daba a natureza libremente, e no vrán sábados e domingos pola mañá pódese apreciar esta fermosura. Cando comezou esta obriga, a empresa puxo en marcha unha especie de Museo da electricidade para explicar a historia da explotación do Rio Xallas, que non se pode perder. Tamén no vrán venres e sábados e vísperas de festivos pola noite encenden o alumeado.


RESTAURANTE CASA ANIDO. (MUROS).- (web casaanido.es). Como reza sua web é unha "Antigua fábrica de salazón con más de 200 años. Se encuentra en la playa de A Rocha. Trabaja todo tipo de mariscos de la ría, destacando también su merluza (del pincho) a la romana, su salpicón de marisco y sus variados menús marineros".


MUIÑO DAS MAREAS DO POZO CACHON.- MUROS. Segundo a web http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/muros/muinomareas.html "A lo largo de los siglos los habitantes que poblaron Galicia han utilizado las fuerzas de la naturaleza para poder crear energía y aprovecharla en beneficio propio. Una de las energías más utilizadas en Galicia es la de la fuerza del agua. Por un lado tenemos el agua dulce de los ríos que aprovechando su descenso han sido utilizada para el movimiento de las "moas" de los molinos construídos en sus orillas. Pero cuando la sequía arreciaba, los artesanles molinos se veían obligados a parar o disminuir su actividad con la consecuente pérdida económica. Para ello se intentó aprovechar otro tipo de agua. Esta vez fueron las saladas aguas del mar, que durante todo el año podrían ser aprovechada su fuerzas. Es el caso de los conocidos "Muíños das Mareas". Estos se construían aprovechando ensenadas que formaban los ríos en la desembocadura y para ello se construía en ocasiones grandes diques para la acumulación de agua en estas presas para después dejaralas correr hacia el mar otra vez con lo que conseguirían poder mover las máquinas de moler. En Muros, en la ensenada que lleva su nombre, existe una muestra de una conservación excelente. Se localiza en la parroquia de Serrés y se trata de un dique de más 230 m de longitud que retiene las aguas de las mareas y del pequeño Río Valdexería. Sobre el dique se encuentra la gran edificación que alberga la maquinaria para moler el grano".


luns, 1 de xullo de 2013

ILLAS CIES.- Este último sábado fun a este paraíso natural, despois de 16 ou 17 anos. A verdade é que un sinte a paixón pela natureza cando vai a lugares como éste, aillados da civilización. As praias limpas, a xente concienciada de cuidalas e o bon tempo fixeronme pasar un dia inesquecible. Dende a saida no barco coa compra do billete pola internet e a sua convalidación nunha máquina dándolle o apelido e número de localizador, a viaxe pola ria de Vigo vendo a península do Morrazo pola dereita e a Illa de Toralla pola esquerda, o Montefaro, as praias de Samil, O Bao, Canido, etc., Barra, Nerga...Sentir as ondas cando o barco entra en mar aberto. O paseio pelas duas illas unidas pola area. Queda para outra viaxe a subida ó faro para contemplar as vistas. Visitei pola mañá a praia de Rodas, considerada a mais perfecta do mundo, e pola tarde a chamada dos Alemás, onde ainda persiste a costume do nudismo, convivindo co resto da xente de forma absolutamente natural. A viaxe de volta, despois do cansancio acumulado e sen batería no teléfono, non deu para moitas fotos. Lembrar das vistas da ponte de Rande dende unha nova perspectiva. Teño que repetir.





PICO SACRO.- Monte mítico da xeografía galega, situado perto de Santiago de Compostela, domiña o val do rio Ulla. Na mitoloxía galega, a Raíña Lupa mandou ós discípulos do apóstolo Santiago ó Pico Sacro para que construísen un sepulcro para o apóstolo, sen saber estes que no lugar estaba a cova do Inferno, e que alí vivía un dragón. A anécdota desta publicación é que onte cando iba tirar a fotografía que ilustra a publicación un can deume un bo susto. Estaba preso cunha cadea suxeta a un alambre e dende a sua caseta habería uns 25 metros a onde eu estaba, mais chegou alí, menos mal que non era agresivo!.