luns, 15 de setembro de 2014

FREEZER AMBULANTE.- Curioso este caixón con xelo no interior pra refrescar as bebidas, cervexa, auga e refrixerantes, por un lado, e polo outro gardando bolsas de patatas e outros comestibeis. Unha pena non ter fotografiado ó seu dono, do que so se recolle a man e unha perna. Ao final souben que estaba emparentado con algunhas das mozas que tiñan tendas arredor.


CALDOS.- É unha costume brasileira a de ter carritos con caldos de diversos sabores, eu coñecín a este simpático home e casi todas as noites de Goiania, cando podía, ia tomar un dos seus caldos, o mais caro era de 5 reais e podías tomar de mezcla de sabores, despois engadía ceboliña picada e uns torreznos de touciño ou panceta. A verdade é que con unha cervexiña están boísimos. Foi miña cea moitas noites en Goiania.



NEGOCIO.- Arredor da Rodoviaria de Goiania existe un gran negocio mercantil de textil que atrae xente de outros estados, principalmente os fines de semana, moitos dos cais pernoctan no Hotel Fortaleza, onde eu estaba. Para levar as compras, principalmente de roupa feminina, a xente utiliza estos carriños e despois grandes bolsas que empaquetan para viajar. Un dos fins de semana incluso viñeron nun autobús que permaneceu tres días aparcado fronte o hotel. Eu falei con algunha de aquelas mulleres, de Vilavelha, Espíritu Santo. Este espazo de pequenas tensas e galerías comerciáis coñécese como "camelódromo". Outra característica deste mercadiño de roupas é que comeza moi cedo, as 5,30 ou 6 da mañán, porque as 8 teñen que levantalo, xa que chegan os gardas para cobrar impostos. Eu saia a dar unha camiñada as 7,30 en pleno auxe do comercio, ocupando a mitade da rua e as beirarruas, e cando voltaba xa estaba todo desmontado. Outra cousa son os maniquies, que andan dun lado pra outro, dentro dos coches, nas bacas e incluso en motos ou a pe.








sábado, 13 de setembro de 2014

FRUTAS E VERDURAS.- Ainda que aquí temos casi todas as frutas e verduras, en Brasil existen algunhas variedades especiais, o xuxu, jiló, maracujá, etc., son extraordinarias, así como as diferencias entre as cabazas, abobra, abobriña, pepino e banana. Outras frutas son de época estacional, como a goiaba ou o cajú





PAO DE QUEIJO.- Chegar a Brasil e non tomar un cafeciño con un pao de queijo na Casa do Pao de Queijo que ten o aeroporto de Guarulhos, Sao Paulo, sería imperdoable, ainda que como pode observarse no ticket o prezo non é precisamente barato, comparado cos que se toman nos bares e restaurantes e lanchonetes que ten nas cidades ou nos postos de carretera onde custa menos dun tercio que no aeroporto.


OBESIDADE.- Esta é unha observación persoal. No Brasil existe unha porcentaxe altísimo de xente obesa, principalmente mulleres, nas ruas. Non sei cáles sexan as estadísticas oficiais e se son comparabeis con outros países mais desenvolvidos. Non sei si ten algo que ver coa educación ou a alimentación. Mais seguro que cando esas persoas sexan vellas van ter serios problemas de saúde.