Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 22 de outubro de 2014
CORPO HUMÁN.- Cada vez estou mais asombrado coa perfección do noso corpo, mais agora despois de ter sofrido un esguince de tobillo. Basta mirar a estructura ósea e muscular do noso pe, pra adivinar a multitude de pequenos osos e músculos interrelacionados, dende a punta dos dedos até o talón e no principio da perna, onde conflúen tibia e peroné. Voltar a colocar todos eses osos e músculos no seu lugar pra que fagan suas respectivas funcións é o labor da rehabilitación, que comeza con pequenas sesiós de contraste en auga quente e fría e remata con corrientes e exercicios rotatorios. Unha rehabilitación lenta e dolorosa, pero necesaria.
venres, 17 de outubro de 2014
CONCEPCION ARENAL.- Esta ilustre xurista galega do século XIX é a autora do libro que estou lendo "El reo, el pueblo y el verdugo" no cal xustifica desde os tres puntos de vista a eliminación da pena de morte, con base tanto na sua experiencia como penalista e criminóloga, como experta en institucións penitenciarias. Tamén destacou sua labor como feminista, preocupándose con un século de antelación á igualdade real de sexos, cando menos no eido legal e na escrita, que hoxe mais de 150 anos despois, ainda non ten reflexo exacto na sociedade hispana, e moito menos na galega.
xoves, 9 de outubro de 2014
OSCAR WILDE.- Este irlandés (de aquela Irlanda perteñecía a Great Britain) poeta, dramaturgo e novelista, autor de obras tan relevantes como O Retrado de Dorian Gray ou A Importancia de Chamarse Ernesto, teve unha vida marcada polo infortunio, cando por azares do destino foi acusado de homosexual por un importante empresario, perdeu unha querela porque os defensores do acusador poideron probar a excusa accusatio, e foi condeado a dous anos de cadea. Durante este período escribeu sua derradeira obra Balada na cárcel de Reading, un poema que estou lendo tanto en english como traducido ó castelán. Despois de cumplir condena marchou pra Francia deixando sua familia en London. Morreu na indixencia o ano 1900 á idade de 46 anos.
sábado, 27 de setembro de 2014
FE RELIXIOSA.- Ao longo das miñas viaxes polo Brasil teño constatado o poder da igrexa sobor de todo nas capas mais humildes da poboación, mais nesta última puden comprobar o intre da bendeción do xantar, a familia e amigos reunidos en torno a unha mesa con alimentos e o "padre" ou "hermano" da secta relixiosa correspondente, non lembro si baptista ou evanxelista, botaba un discurso longo de agradecemento a Deus, como si fora éste quen traballara para facer o almorzo ou comprar as viandas. Despois de tanta palabrería vemos cómo é un país cun dos mais altos índices de delincuencia, de pobreza, de prostitución e de corrupción. De qué sirve tanto agradecer a Deus? Nunca entenderei a esas xentes humildes e pobres abrazando fanáticamente a relixión, por unha cara, e pola outra, facendo todo o contrario. Dende logo aos políticos corruptos váille ben con tanta igrexa, para que a xente non se subleve.
martes, 16 de setembro de 2014
APROVEITADOS.- Os policías brasileiros, da igual o corpo ó que perteñezcan, van tomar o café da mañá a hoteis ou restaurantes abertos, non pagan nada e son multitude. Preguntei na recepción do meu hotel e me dixeron que era habitual. Ou sexa que amáis de pagarlles teñen que mantelos, e non comen pouco non. Chourizos!!
LIXO.- Un dos defectos dos brasileiros é o seu costume de jogar o lixo na rua, non ten contenedores e fica amontonado en bolsas afeando o entorno das ruas. Sen dúvida é un problema de educación que pouco a pouco as novas xeneracións terán que ir gañando. Da igual que seca na rua como nos comercios ou nos restaurantes. As papeleiras vai todo tipo de desperdicio, como pode verse ese maniquí pedindo auxilio entre tanta inmundicia que abarrotaba o caixón.
XANTAR.- En Goiania normalmente, á hora do almorzo, comía na rua un prato preparado no carriño por 7 reais, comporto de carne (picanha, cupín ou frango) arroz branco ou galiñada, ensalada, feijao tropeiro e mandioca. Unha auténtica delicia e suficiente para calquer persoa. A esto engadimos unha auga mineral sen gas ou refrixerante (zumo, guaraná) e a conta subía a 9 ou 10 reais, ou sexa puco mais de 3 euros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








