PERSPECTIVA CEIVE

Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.

xoves, 13 de novembro de 2014

TEMPO DE CASTAÑAS.- O mes de novembro, e mais concretamente o día 11, dia do San Martiño, é o momento axeitado pra comer un bo magosto, asas castañas e acompañar uns chourizos con cachelos, e provar o viño novo. Antigamente en Ourense, donde mais se celebran os magostos por ter os mellores castiñeiros de Galicia, eran moi habituais estas máquinas que semellaban do ferrocarril. É unha boa nova que volte esta tradición, ahí no medio da rua do paseo de Ourense, en pleno outono dando ambiente e calidade.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 02:51 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

mércores, 22 de outubro de 2014

CORPO HUMÁN.- Cada vez estou mais asombrado coa perfección do noso corpo, mais agora despois de ter sofrido un esguince de tobillo. Basta mirar a estructura ósea e muscular do noso pe, pra adivinar a multitude de pequenos osos e músculos interrelacionados, dende a punta dos dedos até o talón e no principio da perna, onde conflúen tibia e peroné. Voltar a colocar todos eses osos e músculos no seu lugar pra que fagan suas respectivas funcións é o labor da rehabilitación, que comeza con pequenas sesiós de contraste en auga quente e fría e remata con corrientes e exercicios rotatorios. Unha rehabilitación lenta e dolorosa, pero necesaria.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 07:37 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

venres, 17 de outubro de 2014

CONCEPCION ARENAL.- Esta ilustre xurista galega do século XIX é a autora do libro que estou lendo "El reo, el pueblo y el verdugo" no cal xustifica desde os tres puntos de vista a eliminación da pena de morte, con base tanto na sua experiencia como penalista e criminóloga, como experta en institucións penitenciarias. Tamén destacou sua labor como feminista, preocupándose con un século de antelación á igualdade real de sexos, cando menos no eido legal e na escrita, que hoxe mais de 150 anos despois, ainda non ten reflexo exacto na sociedade hispana, e moito menos na galega.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 08:26 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

xoves, 9 de outubro de 2014

OSCAR WILDE.- Este irlandés (de aquela Irlanda perteñecía a Great Britain) poeta, dramaturgo e novelista, autor de obras tan relevantes como O Retrado de Dorian Gray ou A Importancia de Chamarse Ernesto, teve unha vida marcada polo infortunio, cando por azares do destino foi acusado de homosexual por un importante empresario, perdeu unha querela porque os defensores do acusador poideron probar a excusa accusatio, e foi condeado a dous anos de cadea. Durante este período escribeu sua derradeira obra Balada na cárcel de Reading, un poema que estou lendo tanto en english como traducido ó castelán. Despois de cumplir condena marchou pra Francia deixando sua familia en London. Morreu na indixencia o ano 1900 á idade de 46 anos.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 08:44 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

sábado, 27 de setembro de 2014

FE RELIXIOSA.- Ao longo das miñas viaxes polo Brasil teño constatado o poder da igrexa sobor de todo nas capas mais humildes da poboación, mais nesta última puden comprobar o intre da bendeción do xantar, a familia e amigos reunidos en torno a unha mesa con alimentos e o "padre" ou "hermano" da secta relixiosa correspondente, non lembro si baptista ou evanxelista, botaba un discurso longo de agradecemento a Deus, como si fora éste quen traballara para facer o almorzo ou comprar as viandas. Despois de tanta palabrería vemos cómo é un país cun dos mais altos índices de delincuencia, de pobreza, de prostitución e de corrupción. De qué sirve tanto agradecer a Deus? Nunca entenderei a esas xentes humildes e pobres abrazando fanáticamente a relixión, por unha cara, e pola outra, facendo todo o contrario. Dende logo aos políticos corruptos váille ben con tanta igrexa, para que a xente non se subleve.


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 01:47 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

martes, 16 de setembro de 2014

APROVEITADOS.- Os policías brasileiros, da igual o corpo ó que perteñezcan, van tomar o café da mañá a hoteis ou restaurantes abertos, non pagan nada e son multitude. Preguntei na recepción do meu hotel e me dixeron que era habitual. Ou sexa que amáis de pagarlles teñen que mantelos, e non comen pouco non. Chourizos!!


Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 04:21 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

LIXO.- Un dos defectos dos brasileiros é o seu costume de jogar o lixo na rua, non ten contenedores e fica amontonado en bolsas afeando o entorno das ruas. Sen dúvida é un problema de educación que pouco a pouco as novas xeneracións terán que ir gañando. Da igual que seca na rua como nos comercios ou nos restaurantes. As papeleiras vai todo tipo de desperdicio, como pode verse ese maniquí pedindo auxilio entre tanta inmundicia que abarrotaba o caixón.




Publicado por Xosé Francisco de Castro ás 04:11 Ningún comentario:
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribirse a: Publicacións (Atom)

Arquivo do blog

  • ▼  2016 (13)
    • ▼  agosto (4)
      • CANTERBURY.-Canterbury é o principal centro relixi...
      • CAMPING ARLANZA.- A pouco mais de 1,5 km da poboac...
      • NECROPOLIS DE CUYACABRAS.-En Quintanar de la Sierr...
      • BAUTIZO NEILA E ASUR.- O sábado 30 de xullo foi o ...
    • ►  marzo (4)
    • ►  febreiro (4)
    • ►  xaneiro (1)
  • ►  2015 (46)
    • ►  decembro (12)
    • ►  outubro (3)
    • ►  xullo (12)
    • ►  maio (2)
    • ►  abril (6)
    • ►  marzo (1)
    • ►  febreiro (6)
    • ►  xaneiro (4)
  • ►  2014 (74)
    • ►  decembro (11)
    • ►  novembro (1)
    • ►  outubro (3)
    • ►  setembro (11)
    • ►  xullo (5)
    • ►  xuño (8)
    • ►  maio (5)
    • ►  abril (7)
    • ►  marzo (17)
    • ►  febreiro (1)
    • ►  xaneiro (5)
  • ►  2013 (74)
    • ►  decembro (5)
    • ►  novembro (3)
    • ►  setembro (9)
    • ►  agosto (7)
    • ►  xullo (29)
    • ►  xuño (9)
    • ►  maio (12)

Acerca de min

A miña foto
Xosé Francisco de Castro
Neste blog pretendo dar unha visión propia de diversos aspectos personais e da vida.
Ver o meu perfil completo
Tema Ventá de imaxe. Con tecnoloxía de Blogger.