martes, 1 de decembro de 2015

VIDAL SOUTO.- Este pintor ourensano e rebelde que mora en Oseve-Leiro, do cal teño meus dous mellores cadros, participou fai algún tempo nunha exposición colectiva con Alexandro e Antón Lamazares no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense, deixando unha mostra das sua derradeira obra.


RENAULT 4L.- Tamén coñecido por "catro latas", este en color azul celeste foi o meu primeiro coche. Creo lembrar que costou 25.000 pesetas e comprárallo ó Charly. Compréino antes de ter carnet e xa fun practicando nel, tamén serviu pra que aprendera a conducir meu pai e finalmente o Carlos. Teño varias anécdotas del, un dia comezou a arder o cadro mentras iba a Ourense, outro dia decatéime dun burato no chasis que casi cabía un pé, en outra ocasión levávamos a dous amigos a Parga e quedou sen aceite, botamos toda a noite de gasoliñeira en gasoliñeira botándolle aceite pra chegar ó Carballiño. Pero levábame a Ourense, Vigo ou onde fixera falla.



MATANZA.- Aproxímase a data da mata. Agora que estamos en decembro e xa enfriou o tempo de abondo, o noso porquiño vai ser sacrificado pra darnos moitos dias de pracer con sua carne. Este é un porco celta e vai pesar entre 100 e 120 kg cando se mate.


ST ALBANS.- Este pequeno povo a unha media hora da estación de tren de St Pancras/King Cross é unha mostra de cómo os ingleses coidan o seu rural. Un casco vello conservado (teñen un Pub do ano 1400) que garda unha liña constructiva, unha catedral e varias igrexas mais modestas, e un parque enorme cun lago no centro cheo de patos, cisnes, ocas e outras aves. Un lugar idóneo pra dar un bo paseo, pese ó frío que facía durante a visita. E como era domingo fumos xantar a un Pub o clásico sunday roast.








xoves, 1 de outubro de 2015

SANLÚCAR DE BARRAMEDA (CÁDIZ).- Unha cidade alegre e desenfadada na foz do Guadalquivir, natural e turísticamente dividida entre a praia e o centro da cidade (parte alta). Na praia distínguese do outro lado do rio o Coto de Doñana, símbolo medio ambiental da península ibérica, mais non deixa de ser unha auténtica duna. Na parte alta e noble da cidade atopamos as adegas de Osborne e Barbadillo, así como o Castelo dende onde temos unas boas vistas. Na zona de praias ten un bairro cheo de restaurantes Bajo de Guía.








AUGUSTA EMERITA (MÉRIDA).- Esta impresionante cidade extremeña, capital política da comunidade dos Vara e Monago, ten unha sorte de monumentos que sería difícil enumerar, tanto da pegada deixada polos romanos, como da obra posterior. O Rio Guadiana cos seus pontes é un bon exemplo delo, a pesares de que na actualidade suas augas están sofrindo un ataque de plantas americanas que crecen sen límites. Das fotografías se recollen o templo de Diana, bastante mal restaurado por certo, e o arco de Trajano. E finalmente unha homenaxe a sua gastronomía e para os nosos sentidos: unha cazola cun queixo ou Torta do Casar.





ALANGE.- Uns dias nesta localidade da provincia de Badajoz cos amigos Pepe Mas, Luisi, Demetrio e MariFeli.