martes, 1 de decembro de 2015

VIDAL SOUTO.- Este pintor ourensano e rebelde que mora en Oseve-Leiro, do cal teño meus dous mellores cadros, participou fai algún tempo nunha exposición colectiva con Alexandro e Antón Lamazares no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense, deixando unha mostra das sua derradeira obra.


RENAULT 4L.- Tamén coñecido por "catro latas", este en color azul celeste foi o meu primeiro coche. Creo lembrar que costou 25.000 pesetas e comprárallo ó Charly. Compréino antes de ter carnet e xa fun practicando nel, tamén serviu pra que aprendera a conducir meu pai e finalmente o Carlos. Teño varias anécdotas del, un dia comezou a arder o cadro mentras iba a Ourense, outro dia decatéime dun burato no chasis que casi cabía un pé, en outra ocasión levávamos a dous amigos a Parga e quedou sen aceite, botamos toda a noite de gasoliñeira en gasoliñeira botándolle aceite pra chegar ó Carballiño. Pero levábame a Ourense, Vigo ou onde fixera falla.



MATANZA.- Aproxímase a data da mata. Agora que estamos en decembro e xa enfriou o tempo de abondo, o noso porquiño vai ser sacrificado pra darnos moitos dias de pracer con sua carne. Este é un porco celta e vai pesar entre 100 e 120 kg cando se mate.


ST ALBANS.- Este pequeno povo a unha media hora da estación de tren de St Pancras/King Cross é unha mostra de cómo os ingleses coidan o seu rural. Un casco vello conservado (teñen un Pub do ano 1400) que garda unha liña constructiva, unha catedral e varias igrexas mais modestas, e un parque enorme cun lago no centro cheo de patos, cisnes, ocas e outras aves. Un lugar idóneo pra dar un bo paseo, pese ó frío que facía durante a visita. E como era domingo fumos xantar a un Pub o clásico sunday roast.








xoves, 1 de outubro de 2015