Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 2 de decembro de 2015
COLEXIO DOS MARISTAS.- Na rua Bedoia de Ourense fronte da casa dos meus abós, abriu as portas en 1958, segundo a rede, lembrando eu a sua construcción e tamén algúns partidos que xoguei alí con equipos do Carballiño e con amigos. Tamén é de salientar os anos que impartiu clase de inglés meu tio Paco, até sua jubilación. Era tamén coñecido por ser elitista e ter un internado moi potente con xente fillos de emigrantes principalmente. O internado pechou ós 50 anos de existencia do colexio.
ZAMBURIÑAS.- Este delicioso molusco vivalvo propio da costa galega e cun sabor superior á vieira non está amenazado de extinción e comeza a ser plato frecuente dos mellores restaurantes. Nun deles, o clásico de Panxón Punto e Coma, comeuse este plato fantástico de zamburiñas á plancha. Un auténtico placer pros sentidos.
martes, 1 de decembro de 2015
RENAULT 4L.- Tamén coñecido por "catro latas", este en color azul celeste foi o meu primeiro coche. Creo lembrar que costou 25.000 pesetas e comprárallo ó Charly. Compréino antes de ter carnet e xa fun practicando nel, tamén serviu pra que aprendera a conducir meu pai e finalmente o Carlos. Teño varias anécdotas del, un dia comezou a arder o cadro mentras iba a Ourense, outro dia decatéime dun burato no chasis que casi cabía un pé, en outra ocasión levávamos a dous amigos a Parga e quedou sen aceite, botamos toda a noite de gasoliñeira en gasoliñeira botándolle aceite pra chegar ó Carballiño. Pero levábame a Ourense, Vigo ou onde fixera falla.
ST ALBANS.- Este pequeno povo a unha media hora da estación de tren de St Pancras/King Cross é unha mostra de cómo os ingleses coidan o seu rural. Un casco vello conservado (teñen un Pub do ano 1400) que garda unha liña constructiva, unha catedral e varias igrexas mais modestas, e un parque enorme cun lago no centro cheo de patos, cisnes, ocas e outras aves. Un lugar idóneo pra dar un bo paseo, pese ó frío que facía durante a visita. E como era domingo fumos xantar a un Pub o clásico sunday roast.
xoves, 1 de outubro de 2015
SANLÚCAR DE BARRAMEDA (CÁDIZ).- Unha cidade alegre e desenfadada na foz do Guadalquivir, natural e turísticamente dividida entre a praia e o centro da cidade (parte alta). Na praia distínguese do outro lado do rio o Coto de Doñana, símbolo medio ambiental da península ibérica, mais non deixa de ser unha auténtica duna. Na parte alta e noble da cidade atopamos as adegas de Osborne e Barbadillo, así como o Castelo dende onde temos unas boas vistas. Na zona de praias ten un bairro cheo de restaurantes Bajo de Guía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















