Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 7 de marzo de 2016
SUSHI.- Esta exquisita comida xaponesa de contido sinxelo a base de arroz, algas e algún tipo de peixe ou ovo, recentemente descuberta por min, a traveso dos viaxes a Londres a visitar a Oscar, sorprende tanto polo seu sabor como pola textura e presencia, acompañada do wasabi e xenxibre, e móllase en salsa de soxa.
mércores, 10 de febreiro de 2016
OS PAZOS DE ULLOA.- Esta obra costumbrista da escritora galega Emilia Pardo Bazán adéntrase na Galicia rural e nos grupos de poder que existían a finais do s. XIX e dos que hoxe ainda quedan certos vestixos. Os temas que son tratados están moi vixentes na actualidade: o caciquismo na política, o poder da igrexa, o machismo, a servidume... A obra ten continuidade na posterior La madre naturaleza.
venres, 5 de febreiro de 2016
O EMIGRANTE.- Esta obra escultórica do noso amigo e artista carballiñés Suso Carballido preside a Praza do Emigrante no centro da Vila. Trátase dunha figura que busca o seu destiño no mundo, como os dos emigrantes. Está formada por láminas de cobre que nos dias chuviosos e con sol da uns refrexos moi interesantes para a fotografía.
DAVID BOWIE.- O pasado mes de xaneiro faleceu este artista británico despois de loitar cun cancro de páncreas durante mais de ano e meio. O autor de míticas cancións como Héroes, Starman, Rebel rebel, The man who sold the world ou Under pressure, e símbolo dunha época da indefinición persoal, foi ouxeto de infinidade de homaxes por todo o mundo. Aquí deixo unhas fotos tomadas por Oscar en London.
ESCARABOTE.- Este pequeno pobo pesqueiro a carón de Boiro (A Coruña), cuxo nome ven do peixe tamén chamado escarabote, semellante á faneca brava, sirveu de punto de reunión da derradeira reunión da Federación de PB Galegas, coincidindo un dia de inverno completamente soleado. Neste pobo tamén se atopa a conserveira Escurís, con fama de ser unha das mellores de Galicia
martes, 5 de xaneiro de 2016
EUGENIO GRANELL.- Natural de A Coruña, este artista é posiblemente o derradeiro dos grandes artistas perteñecentes ó movemento surrealista histórico. Exiliado trala guerra civil, a sua obra fíxoa no extranxeiro principalmente nos USA e algúns paises latinoamericáns. A pesar de ser un descoñecido neste país ocupa un lugar preeminente na nómina dos principais artistas do surrealismo español, a carón de Miró e Dalí. Tiven a oportunidade e privilexio de ver sua exposición na Casa do Cordón, Burgos, o sábado día 2 de xaneiro de 2016,, patrocinada pola Caja de Burgos e a Fundación Eugenio Granell.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













