Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 16 de xaneiro de 2015
MANUEL RIVAS.- Este escritor galego, nado no bairro de Montealto, na Coruña, multipremiado e multifacético, é o autor dun libro que caeu nas miñas maos recentemente "O mais extraño", que consiste nunha recopilación de moitos dos seus libros, como a Lingoa das Mariposas, Qué me queres amor, etc. Cada páxina, cada historia, é realmente contada con unha soltura e sentido increíbel. E o mellor de todo é que é un autor galego!!
mércores, 7 de xaneiro de 2015
CONCERTO DE ANO NOVO.- Como é tradicional o día 1 de xaneiro de cada ano dende 1940, celébrase na Wiener Musikverein de Viena, sala excepcional pola sua acústica un concerto da Filarmónica de Viena, adicado principalmente á familia Strauss (Johann Strauss pai, Johann Strauss fillo, Josef Strauss e Eduard Strauss), ainda que de cando en vez aparece algún dos seus contemporáneos. Habitualmente o concerto conclue co Danubio Azul e a Marcha Radetzky, peza na que o público participa tocando palmas. Este ano 2015 o Director foi o indio Zubin Mehta, quen dalle unha especial alegría na escolla das pezas e das anécdotas e brindes feitos durante o concerto.
IDEAS PRA CRISE.- Nestes tempos tan duros de crise é sorprendente cómo moitos traballos artesáns que estaban abandoados voltaron a facerse un oco no comercio. Este en concreto nos da idea dunha persoa que sabe coser e adícase a facer apaños pra roupas usadas, que cada vez teñen mais tempo de duración ao non poder mercar outras novas.
NADAL EN VIANA DO CASTELO.- Os nosos vecinos portugueses adornan as ruas durante as festas de Nadal, esas ruas tan ben conservadas que dan envexa, e crean un ambiente moi propicio para as vendas de comercio e hostalería. Si por riba temos un día con un sol espléndido a visita a esta bela cidade resulta fantástica.
xoves, 25 de decembro de 2014
xoves, 18 de decembro de 2014
CARROS ANTIGOS.- De cando en vez e fora de eventos sinalados, aparece nas rua un carro antigo como este Seat 1.800 diésel, con motor de Mercedes Benz, en un aparente bo estado de conservación tanto de chapa como de pintura e se intúe tamén de motor, ainda que os anos pela matrícula deben ser más de 40.
xoves, 11 de decembro de 2014
BACALHAU EN V.N. DA CERVEIRA.- Con Daniel e Tito fumos estrenar o novo Mercedes a esta fermosa cidade portuguesa, comendo un bacallau no clásico Restaurante Central sito na praza. As ruas engalanadas con motivos do Nadal dan un aire festivo e colorido que atrae moitos visitantes españois e alivian a crise económica. Ademáis poidemos facer un poco o parvo, velahí o Tito nun cornupeto viario. Por riba o tempo estivo seco e soleado pra poder dar un paseo pola beira do rio Miño. Xornada completa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















