Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 26 de febreiro de 2015
PLANS DE ESTUDOS.- No B.O.E. do 24 de fevreiro ven publicada a Resolución de 13 de febrero de 2015, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica el currículo de la enseñanza de Religión Católica de BACHILLERATO, na cal se poden ver as perlas que figuran abaixo, pero moitas outras como que o home é un ser relixioso que busca un sentido á vida, ou "o misterio da persona humeen" ou "dar razón da raíz divina da dignidad humán", etc. Esto e outras parecidas terán que estudar os nosos mozos na sua adolescencia. Menos mal que queda pouco tempo de aplicación de semellante majadería, porque é de supoñer que o vindeiro governo derogará estas cursilerías de pijos de capital.
IDIOTAS.- Esta fotografía reflexa fielmente o que pasa neste país, que por moi mal que se fagan as cousas na política sempre ten sectores de povoación que aproban a xestión, nefasta incluso que estén afectados eles ou seus familiares e amigos. Como o dito popular é sabio "temos o que merecemos". Agora ben, que quede claro que estos PP e a direita neste país utiliza os medios antidemocráticos de presionar á xente, levala a votar entregándolle os sobres e facerlle falsas promesas. Utilizan un entramado caciquil difícil de desmontar, moi difícil. Por eso, despois de cada proceso electoral dánme gañas de emigrar.
mércores, 18 de febreiro de 2015
ARTE PORTUGUÉS.- No Solar do Albarinho de Melgaço acostumbran exposiciós de artistas locais, de diversas tendencias, que atraen a mirada dos clientes mentras se cata unha porción de augardente vellísima. O marco do local é moi apropiado pra facer exposicións e ainda que sexan de arte abstracto, figurado, surrealista, ou do mais moderno que podamos maxinar, sempre quedan perfectas. Esta exposición, última que visitei, era dunha rapaza portuguesa e os prezos moi asequibeis.
luns, 16 de febreiro de 2015
CLIMA DO CARBALLIÑO.- Cicais sexa pola sua situación no norleste da provincia ourensá, cicais pola sua altitude con respecto ó nivel do mar (422 m), cicais pelos seus ríos, regtlos e augas termais, o certo é que O Carballiño ten un clima moi sán, no inverno apenas temos néboas e as xiadas matutinas son cedo combatidas polo sol; e no verán nunca existe sofoco polo calor, e as noites a xente precisa dunha chaqueta e sábana na cama. Un clima privilexiado pra vivir unha vida de calidade.
ANTROIDO.- Estamos celebrando o Antroido ou Entroido ou Carnaval e aquí na Galicia é identificativa a vestimenta dos peliqueiros de Laza ou cigarróns de Verín, mas desde fai uns anos outros grupos foron xurdindo con forza como as pantallas de Xinzo de Limia, os felos de Maceda, os troteiros de Bande, os charrúas de Allariz, etc. Sen esquecer o auxe de carnavais ancestrais como o de Covelo-Melón ou Cartelle, que teñen unha persoalidade siñificativa, tamén na capital e nas vilas ourensás foméntase o desfile de carrozas e grupos, con premios en metálico ós mellores.
mércores, 11 de febreiro de 2015
A ORDE DAS LETRAS NO ABECEDARIO OU ALFABETO.- En calquer idioma derivado do griego ou latín, existe un alfabeto cun total de 26 letras ordenadas a, b, c, d, e ... Estiven procurando información sobor de este orde mais nao atopei, ainda que me din unha volta pola Protoescritura de IV Milenio a.C., onde existían sistemas simbólicos basados en símbolos ideográficos o mnemónicos que podían transmitir información, ou as escrituras do Antiguo Oriente Próximo, Mesopotámica (3.500 a.C.), basada en fichas de arcilla representativas de bens ou unidades de tempo, Exipcia, cunha iconografía artística propia, a Escritura de Indo (2.600 a.C.), China (S. XII a.C.) ou Precolombinas (s.III a.C.), da cal a Maia é unha escritura real, até chegar ó Alfabeto Grego e posteriormente con base en éste ó Alfabeto Latino, do que derivan os idiomas dos países de Europa e América, entre outros.
venres, 16 de xaneiro de 2015
MANUEL RIVAS.- Este escritor galego, nado no bairro de Montealto, na Coruña, multipremiado e multifacético, é o autor dun libro que caeu nas miñas maos recentemente "O mais extraño", que consiste nunha recopilación de moitos dos seus libros, como a Lingoa das Mariposas, Qué me queres amor, etc. Cada páxina, cada historia, é realmente contada con unha soltura e sentido increíbel. E o mellor de todo é que é un autor galego!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








