Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 13 de abril de 2015
CALDAS DE REIS.- Esta pequena cidade termal atravesada polo rio Umia é un grande espazo de beleza natural cunha fermosa carballeira e xardín botánico públicos no centro mesmo. A fonte das burgas(1881).A longa tradición das augas termais de Caldas de Reis, ven dende a época romana.Estas augas teñen unha composición que lle confiren propiedades curativas. Esta fonte, pertence á tipoloxía de "fontes de cano", constituidas por dous canos ornamentados con cabeza de León, situados á saída do manancial, cun nivel máis baixo para acadar maior presión. Etá localizada nun recinto cuns elementos ornamentais que lle dan un aspecto neoclásico, moi preto dela, está o lavadoiro de roupa, que se abastece do mesmo manancial de auga quente. Ou o Balneario, ó pé do rio Umia, a carón da ponte e frente do Concello.
CORRUBEDO.- Neste pequeno povo mariñeiro está unha das mellores dunas de Galicia, hoxe moi protexida por Medio ambiente. O centro do povo, o porto, ten varios bares e restaurantes nos que poder degustar os nosos peixes e mariscos. O único inconvinte é o forte vento que fai saltar a area da enorme e fantástica praia, cubre as toallas en pouco tempo e non deixa descansar.
CASTRO DE BAROÑA.- Entre Santa Uxía de Riveira e Porto do Son atopamos este Castro celta que data de entre os séculos I a. de C. a I d. de C., fortificado entre as rochas da costa en un istmo con duas murallas de manpostería. As vivendas eran circulares ou ovais. Probablemente os moradores sostíñanse de peixe e marisco, e tamén de gando ovino. Ante a falla de auga doce, terían que sair da fortificación pra procurála. Unha visita imprescindible pra saber cómo vivían nosos antergos.
RUA DO CARMEN.- Nesa casa, segunda pegada ó edificio de ladrillo vermello, terceiro piso, moramos de aluguer cos nosos pais cando viñemos vivir ó Carballiño no ano 1968, e despois de 47 anos sigue exactamente igual por fora. Chamábase a casa do Lentille porque no sótano, baixo na rua Cesáreo Tizón, existía un bodegón do propio dono do edificio, orixinario do povo de Lentille (Cenlle) de onde traía un bo viño tinto, ainda moi apreciado como o cultivado pola zona de Roucos.
APPLE WATCH.- Xa está chegando este reloxio dixital, teléfono, computador, medidor sanitario. O vindeiro 24 de abril sae a venda en varios países, ainda que aquí chegará mais adiante. O venres dia 10 foi o primeiro día no que se podían reservar neses países, e só nos EEUU reserváronse máis de un millón. Según os cálculos podrá chegar a venderse neste ano 2015 unos 65 millóns. Váinos mudar a vida? Segundo varios estudos, parece que o acto mecánico de mirar a hora agora será un reflexo do que se reciba no smartphone.
REGATA OXFORD-CAMBRIDGE.- O sábado dia11 de abril celebróuse a mítica prova no rio Támesis, con victoria desta vez prá a Universidade de Oxford, que acorta a distancia, tendo vencido nas últimas tres carreiras. Esta prova deportiva fáime reflexionar sobor do conservadurismo británico, país que inventou o fútbol, e que ten sido pioneiro en outros deportes hoxe en día exportados, como o tenis, o polo, o criquet, etc. Que pase un século e sigan promocionando como nadie os seus deportes é admirable, lembrando que por examplo aquí os mellores deportistas téñense que exiliar pra obter algunha subvención.
luns, 23 de marzo de 2015
ABRAXAS.- Un que é bastante inculto, lendo unha historia da Orde do Temple, os templarios da idade media, entérase que esta verba "abraxas" é de orixe grega e servía para deixar claves nas pedras de certas sectas gnósticas. Tamén hai quen di que era un deus exipcio, incluso Herman Hesse fala de que siñificaba deus. Eu sempre pensei que o famoso álbum de Santana chamado Abraxas era adicado a algún persoeiro da cultura mexicana.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






