Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 7 de marzo de 2016
SUSHI.- Esta exquisita comida xaponesa de contido sinxelo a base de arroz, algas e algún tipo de peixe ou ovo, recentemente descuberta por min, a traveso dos viaxes a Londres a visitar a Oscar, sorprende tanto polo seu sabor como pola textura e presencia, acompañada do wasabi e xenxibre, e móllase en salsa de soxa.
mércores, 10 de febreiro de 2016
OS PAZOS DE ULLOA.- Esta obra costumbrista da escritora galega Emilia Pardo Bazán adéntrase na Galicia rural e nos grupos de poder que existían a finais do s. XIX e dos que hoxe ainda quedan certos vestixos. Os temas que son tratados están moi vixentes na actualidade: o caciquismo na política, o poder da igrexa, o machismo, a servidume... A obra ten continuidade na posterior La madre naturaleza.
venres, 5 de febreiro de 2016
O EMIGRANTE.- Esta obra escultórica do noso amigo e artista carballiñés Suso Carballido preside a Praza do Emigrante no centro da Vila. Trátase dunha figura que busca o seu destiño no mundo, como os dos emigrantes. Está formada por láminas de cobre que nos dias chuviosos e con sol da uns refrexos moi interesantes para a fotografía.
DAVID BOWIE.- O pasado mes de xaneiro faleceu este artista británico despois de loitar cun cancro de páncreas durante mais de ano e meio. O autor de míticas cancións como Héroes, Starman, Rebel rebel, The man who sold the world ou Under pressure, e símbolo dunha época da indefinición persoal, foi ouxeto de infinidade de homaxes por todo o mundo. Aquí deixo unhas fotos tomadas por Oscar en London.
ESCARABOTE.- Este pequeno pobo pesqueiro a carón de Boiro (A Coruña), cuxo nome ven do peixe tamén chamado escarabote, semellante á faneca brava, sirveu de punto de reunión da derradeira reunión da Federación de PB Galegas, coincidindo un dia de inverno completamente soleado. Neste pobo tamén se atopa a conserveira Escurís, con fama de ser unha das mellores de Galicia
martes, 5 de xaneiro de 2016
EUGENIO GRANELL.- Natural de A Coruña, este artista é posiblemente o derradeiro dos grandes artistas perteñecentes ó movemento surrealista histórico. Exiliado trala guerra civil, a sua obra fíxoa no extranxeiro principalmente nos USA e algúns paises latinoamericáns. A pesar de ser un descoñecido neste país ocupa un lugar preeminente na nómina dos principais artistas do surrealismo español, a carón de Miró e Dalí. Tiven a oportunidade e privilexio de ver sua exposición na Casa do Cordón, Burgos, o sábado día 2 de xaneiro de 2016,, patrocinada pola Caja de Burgos e a Fundación Eugenio Granell.
martes, 22 de decembro de 2015
OS CODIAS.- Grupo musical inicialmente formado por José Ramón Valeiras (batería), Isidro Centeno (guitarra solista), Peña (baixo) e Fico (voz e guitarra rítmica). Posteriormente, Peña foi sustituido no baixo por Larry. Cuns dous anos de vida (1969-70) desfíxose por necesidades de esponsorización non acadada. Os temas que tocaban eran adaptacións de éxitos do momento, dende Julio Iglesias até Lone Star, pasando por Los Albas. As actuaciós mais salientables foron no Reque, tanto na Sala de Festas como no cine, en un festival.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















