venres, 31 de maio de 2013

RICOS E POBRES.- A eterna contradicción. A sociedade, a traveso do tempo, vénse debatendo entre os dous polos opostos, con victoria sempre para os ricos. Por qué? Varias serían as razóns en que apoiarse. A primeira é a forza espiritual que eles manexan tan bem a cargo de calesquera igrexa. A segunda o invento dos bancos como forma de controlar as economías. Unha terceira razón sería o establecemento de impostos para soster unha serie de administracións e prebendas para unha determinada clase de funcionarios que poden entrar por oposición ou a dedo. Unha cuarta considero que é ese sistema servil que ten a sociedade de confiar no listo do povo, da aldeia, quen lle proporciona seu sobre o dia dos votos. Os ricos souberon adaptarse á evolución en cada momento histórico, pero sempre controlaron dende a propia formación e en último térmo con axuda do exército. Estudar un pouco de historia vainos dar as claves da actualidade. Este dito postado hoxe non reflicte mais do que xa sabemos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario