Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 3 de xullo de 2014
HYDE PARK.- Un dos grandes e céntricos parques de London, dividido por un extenso lago chamado Serpentine e famoso polo seu Speaker´s Córner, lugar onde se permite a xente a dar discursos que coincide coa zona pavimentada mais perto do monumento Marble Arch. Ten unha superficie de 140 hectáreas e seguido del están os Kensington Gardens con unha superficie de 110 Ha., xuntos son mais extensos que o Principado de Mónaco. Para ver a sua historia de formación e sucesos pode consultarse en Wikipedia. Lembrar que eu xa o visitei en varias ocasións, principalmente en mail 2011 na final de Champions League, e recentemente con Daniel pasamos toda a tarde de paseo e sacamos estas fotos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)



Ningún comentario:
Publicar un comentario