Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 24 de xullo de 2015
FESTA DA PALABRA.- O sábado 18 de xullo celebróuse na Insua dos Poetas, lugar perto da Esgueva, Madarnás (O Carballiño) a VIIª edición da Festa da Palabra, adicada este ano ó poeta arxentino descendente de galegos Francisco Luis Bernárdez. Nunha tarde desapacible no monte montouse unha festa poética por todo o alto, cunha mezcla de artistas (entre eles o escritor Manuel Rivas, os escultores Acisclo Manzano e Antón Pulido, os pintores Vidal Souto, Antón Lamazares ou Nicolás,) e políticos (Conselleiro de Cultura, Presidente da Deputación de Ourense, Alcaldes do Carballiño e Maside, Vicepresidente do Parlamento Galego, Secretario Xeral de Emigración, etc.), o Presidente da Academa Galega da Lingua e o Presidente da Academia das Letras de Arxentina, tamén descendentes de galegos da zona de Banga, e tamén xente do común (sociedade civil) e da veciñanza. Despois de varias intervencións poéticas, procedéuse á entrega de premios do Pen Clube, organizador do acto, a Manuel Rivas, Faro de Vigo, Gadisa, Colectivo Outeiro e a Francisco Lores, secretario da Casa de Galicia de Bos Aires e finalmente unha cea dos asistentes nunha carpa levantada ó efecto. Era a miña primeira vez que visitaba este espazo e realmente solprendéume. Está situado na ladeira do monte nunha carballeira ainda incipiente e remata no Rio Pedriña, e lévanse feito nestes anos varias obras como do esceario, esculturas de xigantesco tamaño, como a de Acisclo Manzano e Antón Pulido, que van creando un ambiente moi particular, digno de ollar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)



Ningún comentario:
Publicar un comentario