mércores, 2 de decembro de 2015

MIOMÁS.- Esta casa, agora tan ben arranxada, foi do José Isaac quen nola prestou ó Valeiras e a min durante unha tempada, alá polos anos1972 a 1976. No salón da primeira planta dibuxara Chicho un círculo cunha grande svástica hitleriana coa intención de delimitar unha pista de baile pros guateques que facíamos. Tamén tiña unha mesa de pedra no exterior no que algunhas veces comíamos en pandilla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario