mércores, 17 de xullo de 2013

SANFERMINES.- Esta festa ten a orixe na Idade Media como uma homenaxe a San Fermín, si ben colleu moita sona tras ser visitada polo escritor norteamericano Ernest Hemingway nos anos 50-60 do séc. XX, que incluso chegou a escriver un livro. Básicamente consiste en unha serie de días nos que fánse os "encerros" dos touros bravos que van ser lidiados pola tarde. O encerro comeza soltando os touros polas ruas de Pamplona sinaladas e rematan na Praza de touros onde se fechan os animais. Polo percorrido as ruas enchense de xente que corre por diante dos touros e trata de tocarlles, prodúcense caidas, pisotóns e xa houbo algún morto e moitos feridos por asta de touro. Os encerros comezan as 8,00 horas e duran uns poucos minutos plenos de intensidade e adrenalina. As festas comezan o dia 6 co "chupinazo" e rematan o 14 de xullo cantando a canción "pobre de mí". A miña experiencia en estas festas remóntase ó ano 1991 e como experiencia unha vez e chega, nunca vin tanto borracho tirado polas ruas nas noites, calimocho con viño barato, calor, ambiente e noites sen dormir. Observei a festa dende todos os ángulos posibeis, a saida do encerro, a rua Estafeta, a costa do Concello, a entrada na Praza de touros e dentro de esta. O hotel estaba a 11 km. carretera da Francia e dormía até as 4 da tarde, despois comía moi boa comida, lembro o bacallao o ajoarriero, as paletillas de cordeiro, os cogollos, aqueles pementos do piquillo recheos. Maravilla gastronómica. Unha festa inesquecibel.


RACISM.- Cando un fala de racismo (racism en inglés) sempre pensa nos USA (United States of América) e en toda a parafernalia histórica que levan dixerindo os brancos dende a guerra de secesión, pasando polo Ku-Kux-Klan, asesinatos de persoeiros importantes anti aparthaid (léase Martin Luther King ou Malcom X), e o fundamentalismo antipersoas de color que anima moitas cortes xudiciais. O recente caso que saltou ós medios de comunicación ocurreu na Florida, un vixiante chamado George Zimmerman, de raza branca, matou de un disparo no ano 2012, a un mozo de raza negra de 17 anos chamado Trayvon Martin despois dun altercado. O gran xurado que xulgou ó autor dos disparos decidiu que tiña unha duda razoable porque as acusacións non deran reconstruido os feitos e por consecuencia absolveu ó acusado. Os membros do xurado, segundo parece, eran maioritariamente de raza branca. A pregunta aquí sería, si as cousas foran ó revés daríase o mesmo resultado?. A foto incorporada é a do presunto autor absolto.


martes, 16 de xullo de 2013

PARQUE LIBRE DE COCHES.- Estáse voltando a encher o parque de coches cando ten unha celebración ou festa por pequena que sexa. Este domingo pasado unhas cincuenta persoas con unha cantarina musical chegaron cos seus coches até o palco da música abaixo para celebrar unha festa ou baile ou troula da terceira edade. Non é que eu teña nada contra estas persoas, que son moi libres de divertirse como gusten. O que me parece incorrecto é permitir o paso de vehículos polo corredor central do parque que dende fai anos estuvo prohibido e colocáronselle sendas cadeas estratéxigamente nos puntos de acceso. Permitir a entrada de coches no pulmón carballiñés non tardará en revelar un grave dano á natureza, además de ser un atentado á paisaxe forestal.




FRUTA DE BRASIL.- Este papayón (mamao) serve pra ilustrar este comentario sobre a fruta do Brasil. En todos os viaxes que eu fixen a aquel país, un total de cinco até o de agora, provei innumerabeis frutas diferentes as de aquí. Goiaba, manga, maracujá, cajú son algunhas, das que fánse zumos increíbles e tamén xelados sabrosos. O mousse de maracujá é meu postre predilecto. Ten iogurte e outros alimentos con estas frutas. E con este papayón, uma fruta despreciada en Brasil pola sua abundancia, pódese facer un bo desaiuno con unha pouca leite.