Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 18 de xullo de 2013
OMAR JAYAM.- Ou tamén Omar Khayyám, este persa do século XI-XII, famoso por ser matemático, astrónomo e poeta e polas suas aportacions á ciencia, entre elas a designación da letra x para resolver ecuacións de terceiro grao e estudar o universo, tendo seu nome un cráter lunar e tamén un asteroide (omarkhayyam). Pero foi na literatura onde deixou sua principal herdanza, destacando as cuartetas poéticas recollidas no libro RUBAIYAT, onde non so tocou temas sobor ciencia e coñecemento, sobre moral e comportamento social, sinon tamén sobre disfrutar da vida antes da morte e cómo ser feliz somentes con viño e rosas. Segundo os seus estudosos pódese dicer que foi un filósofo materialista, pesimista e escéptico, seu pensamento está empapado de tristura, pena, inexistencia e morte. A fotografía que ilustra este artigo corresponde á tumba na cidade de Nishapur, onde naceu.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario