Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 13 de decembro de 2013
REFERENDUM CATALÁN.- Onte anuncióuse a data e o contido das duas preguntas consensuadas polas formacións políticas independentistas, que terá lugar o día 9 de novembro de 2014. Como era de esperar unha marea de sentencias politicas e dos medios de comunicación da capital española, botaron merda por riba dos desexos dos cataláns con amenazas de suspender a autonomía, enviar o exército e incluso fechar fronteras. Dende o extranxeiro pronuncióuse un alto representante da UE decindo que en caso de independencia non serían aplicabeis os tratados internacionais suscritos por España, e amén outro da White House opinando que o referéndum tiña que someterse a todo o povo español e non só ó catalán. Evidentemente estos descoñecen a historia de España e Catalunya e non preguntaron cómo en 1714 as forzas españolas atacaron Catalunya pra anexionala a España.
xoves, 12 de decembro de 2013
NADAL.- Está rematando este ano 2013 e polo tanto acércanse as festas do Nadal que van ser ben diferentes ás pasadas no ano 2012 no Brasil. Volta ás celebracións familiares, cos fillos e irmaos, parte aquí e parte en Burgos, mas sempre co pensamento posto no Brasil. Digamos que as fotos que subín unha representa o portal de Belén, e está na praza principal de V.N. da Cerveira, Portugal. A outra é a decoración navideña que fiz na miña casa, no recibidor, por certo o acibo picóume bastante ben.
mércores, 6 de novembro de 2013
CATALINA II DE RUSIA, A GRANDE.- Para coñecer un pouco mellor a historia de Rusia do século XVIII é imprescindible coñecer a biografía de esta muller. Natural dun condado da antiga Prusia foi elexida pola emperatriz Isabel de Rusia para casamento con Pedro, nomeado sucesor de Isabel, si ben non chegaron a consumar o matrimonio de conveniencia. Durante seu mandato Rusia tuvo unha gran expansión e ela sempre quixo que no exterior, aquelas grandes potencias do século (Francia, Austria, Gran Bretaña ou Prusia) tuveran un concepto de ela como persoa culta, aberta e liberal, ainda que no interior practicaba sua política con man de ferro. Estou lendo sua biografía, un tocho de mais de 2.000 páxinas, escrito por Robert Massie, moi ameno, cheo de anécdotas, e polo tanto recomendable.
venres, 1 de novembro de 2013
LOU REED.-O dia 27 de octubro vai morrer este artista, cantante e guitarrista, como consecuencia da reacción dun trasplante de fígado que lle fixeron cinco meses antes. Segundo comunicou sua muller estaba practicando tai-chi. En canto sua faceta como cantante, guitarrista e compositor, somos debedores do seu xeito de entender a música e a gran influencia que tanto durante sua estadía no grupo The Velvet Underground, no que tamén participaba John Cale, e fora patrocinada por Andy Warhol, como na sua carreira en solitario, teve no denominado rock alternativo que deu lugar a innumerables grupos como Ramones e tendencias vangardistas como o punk e seus derivados. Canciós inesquecibeis tanto da Velvet (Sweet Jane, Heroin) como despois ( Perfect day, Walk on the wild side). R.I.P.
LONDON.- A auténtica capital do mundo, non so do mundo capitalista e financeiro, senon pola mezcla de razas, sua arquitectura, seu conservadurismo entendido como defensa das cousas boas, o respecto da natureza. En fin, esta derradeira viaxe serviu pra comprobar tamén que a crisis é ben diferente en aqueles países consolidados industrialmente, de aqueles que dependen do exterior para soster seu nivel de vida, seu status quo.
venres, 20 de setembro de 2013
STEPHANE HESSEL.- Escritor e filósofo nacido en Alemania pero nacionalizado francés ós 20 anos de idade, antes de comezar a IIª Guerra Mundial. Antifascista, perteneceu á Resistencia francesa e foi capturado duas veces e enviado a campos de concentración, dos que conseguiu fuxir. Foi ponente da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, asaltóu ós medios de comunicación cos libros "Indignádevos", no cal fai un chamamento principalmente ós xóvenes para que non perdan o acadado no eido social, Seguridade social, pensións para traballadores na sua vellez, educación libre e gratuita sin distinción de clases, e se enfronten coa dictadura dos mercados financieros, co poder do diñeiro, cos Bancos e as familias que controlan o capital e o traballo. É dicer, enfrentarse co sistema implantado no mundo capitalista, de forma pacífica, sin quedarse indiferente á situación actual. Morreu en febreiro de este ano. Un libro que estou lendo e promete.
FESTAS DO SAN CIBRÁN.- Tódolos anos entre o 14 e o 19 de setembro celébranse no Carballiño as festas patronais, para as que se garda un dia festivo local. Este ano, coa crise, non houbo ningunha grande atracción, concerto ou presencia de algún artista que chamara á participación, simplemente unha orquestra diaria para facer verbea na praza maior e as clásicas barracas na Avenida do Balneario, miña rua. Dende o dia 9 permaneceu atrancada, 12 dias, e fai varios anos que a historia se repite, amén de non poder circular cos coches, o ruido das atraccións, barco vikingo, etc dura os principais dias até altas horas, convertindo o lugar nun inferno pra quen ten que traballar. Parece que o alcalde do PP prometeu mudar de sitio para o vindeiro ano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






