venres, 20 de setembro de 2013

STEPHANE HESSEL.- Escritor e filósofo nacido en Alemania pero nacionalizado francés ós 20 anos de idade, antes de comezar a IIª Guerra Mundial. Antifascista, perteneceu á Resistencia francesa e foi capturado duas veces e enviado a campos de concentración, dos que conseguiu fuxir. Foi ponente da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, asaltóu ós medios de comunicación cos libros "Indignádevos", no cal fai un chamamento principalmente ós xóvenes para que non perdan o acadado no eido social, Seguridade social, pensións para traballadores na sua vellez, educación libre e gratuita sin distinción de clases, e se enfronten coa dictadura dos mercados financieros, co poder do diñeiro, cos Bancos e as familias que controlan o capital e o traballo. É dicer, enfrentarse co sistema implantado no mundo capitalista, de forma pacífica, sin quedarse indiferente á situación actual. Morreu en febreiro de este ano. Un libro que estou lendo e promete.


Ningún comentario:

Publicar un comentario