Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
sábado, 13 de setembro de 2014
TATUAXES.- Veño observando que esta moda dos tatuaxes é vista moi diferente polos homes e polas mulleres, así namentras os homes solen tatuarse os nomes das suas esposas, namoradas ou noivas, ou dos seus fillos, ou algun acontecemento importante na sua vida, as mulleres fánse debuxos na pel pra estar mais tapada, escondendo defectos que podrían afear seu físico.
mércores, 16 de xullo de 2014
CAFE ROYAL HOTEL.- Este Café Royal, ubicado na lexendaria rua Regent Street de London, relanzou como un hotel de luxo. A súa reapertura anuncia o regreso dun marco icónico de Londres, que ten evolucionado continuamente para definir e capturar o humor da capital ao longo da súa historia: 150 anos. Co paso dos anos, o lema do Café Royal foi, 'empregar o mellor dos mellores "e hoxe, como un hotel de luxo do século XXI, continúa nos esforzos por seguir esa tradición. Basta un ollar na sua entrada para decatarse do nivel da clientela, tres Bentley aparcados. O prezo dos cuartos a partires das 295 libras esterlinas por noite (uns 360 euros).
luns, 7 de xullo de 2014
TROITAS.- Este ano voltou a febre pola pesca de troitas á cucharilla e excepto tres dias que fun ó rio do Irixo a tres diferentes tramos e cun resultado desastroso, sempre aproveito a proximidade do tramo libre do Rio Arenteiro entre Godás do Rio e a Ponterriza para ir despoixa de xantar e aproveitar pra andar, polo que mato dous páxaros cun mesmo tiro. Con esta actividade xa puden facerlle un xantar a Chicho e Mariví, e regalarlles troitas a Carlos e Miras, ademais de comer eu todas as semanas, o último día este último xoves 3 de xullo. E onte asistín a un espectdáculo fantástico precisamente debaixo da ponte na Ponterriza, unha eclosión natural de troitas, que parecían un enxame de abellas, co cal podemos dicer que o futuro do rio está asegurado.
domingo, 6 de xullo de 2014
FIFA WORLD CUP 2014 BRASIL.- Ao marxe da contestación nas ruas da xente que opina que os gastos fastuosos levados a cabo pra construir uns estadios á medida da marca Fifa, tiñan que enviarse a sanidade e educación, así como a transporte público, tres fallas deste gran país en desenrolo, amáis da inseguridade cidadá, teño que deixar apuntada duas observacións que me parecen importantes, por unha banda o fanatismo patriótico de todo o país de redor dunha seleçao símbolo da unidade dos estados tan diferentes que ten Brasil, mezclado co papanatismo relixioso latente en todas as capas da povoación, afectando principalmente ás mais baixas. E por outra banda a presenza nos afeccionados nos estadios dunha maioría de rostros pálidos, o que mostra que o racismo está dentro da sociedade, desgraciadamente. Apenas algún black man/woman como excepción. Unha auténtica pena, pais sen futuro digno.
xoves, 3 de xullo de 2014
HYDE PARK.- Un dos grandes e céntricos parques de London, dividido por un extenso lago chamado Serpentine e famoso polo seu Speaker´s Córner, lugar onde se permite a xente a dar discursos que coincide coa zona pavimentada mais perto do monumento Marble Arch. Ten unha superficie de 140 hectáreas e seguido del están os Kensington Gardens con unha superficie de 110 Ha., xuntos son mais extensos que o Principado de Mónaco. Para ver a sua historia de formación e sucesos pode consultarse en Wikipedia. Lembrar que eu xa o visitei en varias ocasións, principalmente en mail 2011 na final de Champions League, e recentemente con Daniel pasamos toda a tarde de paseo e sacamos estas fotos.
martes, 1 de xullo de 2014
COVENT GARDEN.-Covent Garden es un barrio de Londres, Inglaterra, localizado en la parte oriental de la ciudad de Westminster y en la esquina sudoeste del municipio de Londres de Camden. El área está dominada por tiendas, artistas callejeros y diversos elementos de entretenimiento y contiene una entrada a la Royal Opera House, la cual es conocida habitualmente como "Covent Garden", por su ubicación, y la ajetreada área de Seven Dials. High Holborn al norte, Kingsway al este, la calle Strand al sur y Charing Cross Road al oeste. La "Covent Garden Piazza" está localizada en el centro geográfico y fue el lugar de un mercado de flores, verduras y frutas entre 1500 y 1974, fecha en la que el mercado fue trasladado al New Covent Garden Market en Nine Elms. Entre las áreas cercanas se incluyen: Soho, St James´s, Bloomsbury y Holborn.
domingo, 29 de xuño de 2014
TUBE OF LONDON.- En Londres o metro chámanlle "tube" e tamén, en menor medida, "underground", ten unha rede de 11 diferentes líñas e é o mellor sistema de transporte público. Os tickets son variados, dependendo da zona (nove zonas), polo que un ticket pra zona 1-2 (central) non sirve na zona 6 (Heathrow) por poñer un exemplo. Antes podías facerte o tolo e achacar a un erro ou iñorancia, mais hoxe co sistema informatizado de control de tickets en que verifican a entrada e saída do tube fai imposible o erro, porque ó chegar a destino non abren as portas e tes que pagar a diferencia, o que nos pasou a Daniel e a min no aeroporto de Heathrow. Os tickets poden ser por viaxe (4,5 pounds, o que sae mais caro), diario (7,15 pounds) permite viaxar en metro e bus todo o dia dentro da zona correspondente, semanal, mensual (unhas 120 pounds) e anual. O sistema mais cómodo e barato é utilizar unha tarxeta "oyster" que se recarga como as telefónicas e avisa cando quedas sen saldo. Pódense comprar en cada estación.Salvo o ticket simple o resto pódense usar tanto en tube como en bus.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















