venres, 24 de xullo de 2015

FESTA DA PALABRA.- O sábado 18 de xullo celebróuse na Insua dos Poetas, lugar perto da Esgueva, Madarnás (O Carballiño) a VIIª edición da Festa da Palabra, adicada este ano ó poeta arxentino descendente de galegos Francisco Luis Bernárdez. Nunha tarde desapacible no monte montouse unha festa poética por todo o alto, cunha mezcla de artistas (entre eles o escritor Manuel Rivas, os escultores Acisclo Manzano e Antón Pulido, os pintores Vidal Souto, Antón Lamazares ou Nicolás,) e políticos (Conselleiro de Cultura, Presidente da Deputación de Ourense, Alcaldes do Carballiño e Maside, Vicepresidente do Parlamento Galego, Secretario Xeral de Emigración, etc.), o Presidente da Academa Galega da Lingua e o Presidente da Academia das Letras de Arxentina, tamén descendentes de galegos da zona de Banga, e tamén xente do común (sociedade civil) e da veciñanza. Despois de varias intervencións poéticas, procedéuse á entrega de premios do Pen Clube, organizador do acto, a Manuel Rivas, Faro de Vigo, Gadisa, Colectivo Outeiro e a Francisco Lores, secretario da Casa de Galicia de Bos Aires e finalmente unha cea dos asistentes nunha carpa levantada ó efecto. Era a miña primeira vez que visitaba este espazo e realmente solprendéume. Está situado na ladeira do monte nunha carballeira ainda incipiente e remata no Rio Pedriña, e lévanse feito nestes anos varias obras como do esceario, esculturas de xigantesco tamaño, como a de Acisclo Manzano e Antón Pulido, que van creando un ambiente moi particular, digno de ollar.




luns, 13 de xullo de 2015

SAATCHI GALLERY (www.saatchigallery.com).- Esta gallería de arte contemporáneo chama a atención polas suas mostras vangardistas. Na data que visitamos estaba cunha mostra temporal de arte de Africa e América Latina, que son eses cadros de abaixo tan coloristas e revolucionarios. Tamén é destacable a sala que non sabría definir, na cal cun raso ou nivel de petróleo ou gasolina dividese o espazo de tal xeito que o reflexo da a sensación dunha continuidade. Chama a atención.






SUNDAY ROAST.- Este é un plato típico da cociña inglesa (e tamén irlandesa, USA, Canadá, Australia e New Zealand) que conmemora a festa dos domingos en familia. O plato consiste en un asado de carne (de vaca, boi, porco, etc.) acompañado con verduras variadas, patatas ó forno e un pudding especial. Este domingo dia 28 de xuño de 2015 foi o mellor que comín das veces que teño comido en London. E a compañía tamén axudou.


COMIDA XAPONESA.- Neste restaurante "EAT TOKYO" de London provei varias comidas típicas xaponesas como até o de agora xamais tiña provado. Diversos sushis e tempuras (washoku) de langostinos e verduras, sopas (dangojiru) formaron parte do menú, aderezado con salsas pra mollar o sushi e esa especie de rollito de primavera de cuxo nome non lembro. O caso é que todo estaba moi sabroso e mereceu a pena facer una cola de media hora de espera na rua na zona do Covent Garden, aproveitando que era unha noito de verán. Pra repetir.