Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 5 de xaneiro de 2016
EUGENIO GRANELL.- Natural de A Coruña, este artista é posiblemente o derradeiro dos grandes artistas perteñecentes ó movemento surrealista histórico. Exiliado trala guerra civil, a sua obra fíxoa no extranxeiro principalmente nos USA e algúns paises latinoamericáns. A pesar de ser un descoñecido neste país ocupa un lugar preeminente na nómina dos principais artistas do surrealismo español, a carón de Miró e Dalí. Tiven a oportunidade e privilexio de ver sua exposición na Casa do Cordón, Burgos, o sábado día 2 de xaneiro de 2016,, patrocinada pola Caja de Burgos e a Fundación Eugenio Granell.
martes, 22 de decembro de 2015
OS CODIAS.- Grupo musical inicialmente formado por José Ramón Valeiras (batería), Isidro Centeno (guitarra solista), Peña (baixo) e Fico (voz e guitarra rítmica). Posteriormente, Peña foi sustituido no baixo por Larry. Cuns dous anos de vida (1969-70) desfíxose por necesidades de esponsorización non acadada. Os temas que tocaban eran adaptacións de éxitos do momento, dende Julio Iglesias até Lone Star, pasando por Los Albas. As actuaciós mais salientables foron no Reque, tanto na Sala de Festas como no cine, en un festival.
PIPARRA.-Guindillas de Ibarra, guindillas Vascas, Piperras, Piparras, Piperrak, langostinos de la huerta. Estos son algunos de los nombres con que se conocen a estas fantásticas guindillas no picantes. Las piparras pertenece a una variedad autóctona denominada “Berezi”, estas se cultivan entre los meses de abril y mayo. Su recolección se realiza, a mano y en su momento óptimo, entre los meses de junio a octubre, o mediados de noviembre. Se producen y se envasa mayoritariamente en Guipúzcoa, provincia en la que se benefician de unas condiciones climáticas muy favorables para su desarrollo: baja altitud, temperaturas muy suaves, grado de humedad y pluviosidad elevada por lo que se trata de un producto muy localizado climáticamente y de relativamente escasa producción. Que podemos decir de las guindillas frescas “piparras”. Lo primero antes de nada decir, que apenas pican, eso!!, que no pican. Cultivadas y recolectadas bajo una selección muy rigurosa dan como resultado unas guindillas con una piel sumamente fina, de carne tierna y de color amarillo verdoso y un sabor suave, fino y delicado. Tradicionalmente se consumen fritas acompañadas con unos granos de sal y con estas piparras se elaboran las guindillas en vinagre. Reconocidas e imprescindibles a la hora de preparar Gildas, banderillas y pinchos. Son ideales para tomar fritas en aceite de oliva virgen extra acompañadas de unos granos de sal, acompaña a la perfección a carnes, pescados y resultan imprescindibles para acompañar con una copa de sidra.
luns, 21 de decembro de 2015
EN MAREA.- Esta idea de confluencia política formada por Podemos, Anova, Esquerda Unida e as Mareas foi todo un éxito nas eleccións xerais de onte. Acadou seis deputados e dous senadores, pro primeira vez váise formar un grupo parlamentar galego no Congreso de Deputados. E por primeira vez o nacionalismo saiu nas provincias de Lugo e Ourense. Un éxito sen precedentes que fai ver o futuro con optimismo, tendo a volta da esquina unhas eleccións autonómicas.
MATANZA DO PORCO.- A tradición galega ven dándonos unha parte moi importante de comida anual coa matanza de este excelso animal, do que se aproveita absolutamente todo. Dende a cacheira até o rabo, pasando polos xamóns, lacóns, touciño, unto, etc. A sangue pra facer exquisitas filloas, segundo receita de Alvaro Cunqueiro. O solombo fresco, ou o lombo á prancha, e as vísceras, corazón, fígado e riles. E tamén especialmente os chourizos. De este porco de raza celta que pesou 127 kg xa limpo aprovéitaremos todo o seu corpo. Foi morto por un amigo Fran Cejudo perto da igrexa de Amarante, Touza, Maside.
mércores, 2 de decembro de 2015
MEIRAMA.- Alí, na estación de ferrocarril xa pechada á circulación de trens, estiven con Daniel antes de ir ó aeroporto da Coruña pra coller o avión a Londres. Lembrando aqueles anos infantís e tendo toda clase de sensaciós. Voltar ollar a estación onde moramos catro anos, ver a cantina clausurada que lembraba con moito ambiente. En fin, de cando en vez está ben acudir a lugares onde pasamos unha etapa da vida e notar as sensaciós nostálxicas e a maxia perdida.
MIOMÁS.- Esta casa, agora tan ben arranxada, foi do José Isaac quen nola prestou ó Valeiras e a min durante unha tempada, alá polos anos1972 a 1976. No salón da primeira planta dibuxara Chicho un círculo cunha grande svástica hitleriana coa intención de delimitar unha pista de baile pros guateques que facíamos. Tamén tiña unha mesa de pedra no exterior no que algunhas veces comíamos en pandilla.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













