Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 31 de maio de 2013
RICOS E POBRES.- A eterna contradicción. A sociedade, a traveso do tempo, vénse debatendo entre os dous polos opostos, con victoria sempre para os ricos. Por qué? Varias serían as razóns en que apoiarse. A primeira é a forza espiritual que eles manexan tan bem a cargo de calesquera igrexa. A segunda o invento dos bancos como forma de controlar as economías. Unha terceira razón sería o establecemento de impostos para soster unha serie de administracións e prebendas para unha determinada clase de funcionarios que poden entrar por oposición ou a dedo. Unha cuarta considero que é ese sistema servil que ten a sociedade de confiar no listo do povo, da aldeia, quen lle proporciona seu sobre o dia dos votos. Os ricos souberon adaptarse á evolución en cada momento histórico, pero sempre controlaron dende a propia formación e en último térmo con axuda do exército. Estudar un pouco de historia vainos dar as claves da actualidade. Este dito postado hoxe non reflicte mais do que xa sabemos.
xoves, 30 de maio de 2013
SUBMARINO.- Non é o yellow submarine que cantaban The Beatles, é o S-81 "Isaac Peral" que está a construirse nos asteleiros Navantia, en España. Segundo publican hoxe os meios de comunicación detectóuse un sobrepeso de entre 70 e 100 toneladas o cal vai facer retrasar a sua entrega en dous anos e procurar unha das duas solucións posibles: reducir peso ou aumentar eslora, so que cada metro de mais custa sete millóns de euros aparte do custe das solucións técnicas globais. Están construindo catro submarinos para a Armada española por un montante de 2.200 millóns de euros e agora vánse incrementar os custes. Este país desvaría, para qué se queren catro submarinos, contra quén van pelexar, contra os portugueses?, contra Francia, ou contra Marrocos?. Non sería mellor adicar eses cartos a escolas públicas, sanidade, etc., onde estánse a producir tantos recortes e que reducen á población a termos dos anos 70. Ver para creer.
FORRÓ.- O forró é un xénero musical e a súa danza, en ambos os dous casos con orixe na rexión nordeste do Brasil. Os instrumentos tradicionais do forró son o triángulo (instrumento musical), o acordeón e a zabumba, acompañados ás veces dun pandeiro. A música é practicamente sempre acompañada do canto polos músicos. O tema das cancións é o amor (paixón, celos, lembranza dun amor...) e o ritmo é vivo e alegre. Este xénero provén dunha mestura do tambor indio precolombino e do acordeón dos colonos europeos. O forró é a base dunha danza en parella (moi xunta), aínda que se pode bailar tamén en ronda. O paso é relativamente simple: dous pasos á esquerda, dous pasos á dereita. El impúlsaa a ela e pode facela describir voltas entre as demais parellas. Os pasos poden ser saltiños. A mín lémbrame as danzas que antiguamente bailaban nas aldeas de aquí e agora ainda vense en algunhas das festas con orquestras en zonas rurais. E agora deixo este magnífico poema brasileiro, adicado á zona onde comezou o forró o Nordeste do Brasil (Recife, Natal...): Exaltaçao ao Nordeste Eita, Nordeste da peste, Mesmo com toda seca Abandono e solidão, Talvez pouca gente perceba Que teu mapa aproximado Tem forma de coração. E se dizem que temos pobreza E atribuem à natureza, Contra isso,eu digo não. Na verdade temos fartura Do petróleo ao algodão. Isso prova que temos riqueza Embaixo e em cima do chão. Procure por aí a fora "Cabra" que acorda antes da aurora E da enxada lança mão. Procure mulher com dez filhos Que quando a palma não alimenta Bebem leite de jumenta E nenhum dá pra ladrão Procure por aí a fora Quem melhor que a gente canta, Quem melhor que a gente dança Xote,xaxado e baião. Procure no mundo uma cidade Com a beleza e a claridade Do luar do meu sertão. +Luiz Gonzaga de Moura
PROTESTA.- Chama a atención esta forma de protestar en Túnez, en defensa dunha rapaza, Armina Tyler, que publicou unha foto sua en Twitter mostrando os peitoso. Túnez ainda é un estado de dereito en construcción e de seguido os sectores islamistas mais regresivos e conservadores cargaron contra a rapaza pedindo darlle latigazos e lapidala. Agora ten pendente un xuizo acusada primeiramente de intentar espirse en público e despois, como aquela acusación non é legal, se lle imputa portar un spray de autodefensa e estas tres mozas, ó parecer duas francesas e unha alemá do colectivo internacional FEMEN, se ispen diante das portas do tribunal en solidariedade coa moza tunecina. Paréceme unha forma de protesta moito mais atractiva, mediática e pacífica que ir rachando escaparates, farolas, contenedores e outras con actos vandálicos que o único que fan é ir contra a nosa propia carteira. E si por riba as mozas están de bo ver, mellor que mellor.
mércores, 29 de maio de 2013
BEBÉ CHINÉS.- Sorprendeume nestes dias a noticia dun neno chines recén nacido que foi descuberto nunha tubería polos seus choros. Agora as noticias din que a nai que o pariu tiña o embarazo en segredo e cando comenzou o parto o neno escurriuse na bañeira. Parece que a nai foi abandoada polo pai do neno e non tiña medios económicos para pagar un aborto. Recoñeceu que ela era a nai pero renunciou a sua custodia, non tendo responsabilidade penal por considerar as autoridades que tiña sido un accidente. Noticia increíble sobre todo por cómo se desenvolveu a operación da tubería para evitar producir danos no bebé.
IRMAOS. Os cinco magníficos, fai uns anos, non nos vemos moito, pero sabemos que estamos sempre que nos necesitamos. Casi as últimas reunións dos cinco coinciden con festas especiais ou con enterros. Cada quen polo seu lado, Chicho xa prexubilado, coas suas duas netas Cristina e Neila, e viaxando cando pode ó Carballiño; Carlos, en Ourense, cos seus problemas de traballo; Reis, en Pontevedra, apegada os seus fillos e neta Alma; e qué dicer do Tito, na sua residencia San Rafael en Vigo, cos achaques das rodillas, as cartas cuxo xogo só él coñece e resolve, suas ansias por comer e con sorte nas analíticas. Esta foto tomóuse un dia de moita ledicia pra min, pois era o casamento con Lia, fai sete anos. E aproveitando o entorno de Leiro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









