luns, 24 de marzo de 2014

LEO MESSI.- Non quería deixar de amosar a miña admiración por este estratosférico xogador de fútbol, ao marxe das miñas simpatías polo FCBarcelona. Cando todo o mundo daba como favorito ó Madrid para gañar, e incluso pronosticando unha goleada de escándalo pola diferenza na que --segundo a caverna mediática de Madrid-- chegaban ambolos dous equipos ó clásico do Bernabeu de onte, apareceu este pequeno xenio e puxo o partido patas enriba con un hat trick e duas maxistrais asistencias a Iniesta e Neymar, que permitiron bañar e, ó mesmo tempo, pelexar pola Liga e poñer ó descuberto que o Madrid é vulnerable e tan só vai gañando os partidos contra equipos menores, mais falla cando é a hora de enfrentarse a ós da sua propia competencia. Messi fixo lembrar que é o mellor do mundo e que CR7 debería devolverlle a pelota de ouro.

LEO MES

LENDAS DO BARÇA.- Na celebración do X Aniversario da Peña Barcelonista Val de Lemos, de Monforte de Lemos, xuntáronse en terras galegas tres antiguos xogadores do FCBarcelona, Fusté, Rexach e Costas. Un luxo poder conversar con eles e facer unjas selfies de lembranza. O acto foi moito meritorio por ter traído a Peña semellantes personeros, que forman unha auténtica lenda blaugrana, ademáis participaron na recepción no concello, nun coloquio e na cea, siempre amabeis, simpáticos e agarimosos, cunha grande paciencia pra atender os peñístas e sacar fotos con eles. Evidentemente cando se triunfa nunha profisión é por algo.





mércores, 19 de marzo de 2014

DIA DO PAI.- Ninguén sabe o siñificado de ter fillos até que os tén. Hoxe, cando os meus xa son maduros (din que pra os pais, sempre son nenos) e transitan pola vida de xeito independente, con relativo éxito personal e profesional, é un motivo de orgullo de pai botala vista atrás e lembrar todos os pasos que se deron até chegar aquí, superando innúmeras dificultás, botando imaxinación, sempre coa finalidade de darlles unha boa educación e un exemplo non moi distorsionador e de respeito tanto das persoas como da natureza. Ver hoxe a Daniel agobiado polo seu traballo e saindo adiante con esforzo, é moi agradable, e Oscar co seu traballo e xa no seu novo piso de Londres, cheo de luz e un toque femenino, dan gañas enormes de pisar nel e disfrutar da sua compaña. Os fillos son todo na vida. Non concibo esos seres que os maltratan, os venden e incluso os matan. Non son humáns.


PEPSI COLA.- Non son benedor nin de este nin de outros refrescos semellantes, e menos de todo da coca-cola, brebaxe adictivo e creador de insomnio, ademáis de ter eliminado catro das sete plantas que ten no país e facer un ERE con mais de 1.300 traballadores á rua, cando os beneficios anuais superan os mil millóns de euros, e pretenden dar 80 millóns ó ano pola publicidade do bernabeu. Agora, menos que nunca, nada coca-cola!