Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 24 de marzo de 2014
LEO MESSI.- Non quería deixar de amosar a miña admiración por este estratosférico xogador de fútbol, ao marxe das miñas simpatías polo FCBarcelona. Cando todo o mundo daba como favorito ó Madrid para gañar, e incluso pronosticando unha goleada de escándalo pola diferenza na que --segundo a caverna mediática de Madrid-- chegaban ambolos dous equipos ó clásico do Bernabeu de onte, apareceu este pequeno xenio e puxo o partido patas enriba con un hat trick e duas maxistrais asistencias a Iniesta e Neymar, que permitiron bañar e, ó mesmo tempo, pelexar pola Liga e poñer ó descuberto que o Madrid é vulnerable e tan só vai gañando os partidos contra equipos menores, mais falla cando é a hora de enfrentarse a ós da sua propia competencia. Messi fixo lembrar que é o mellor do mundo e que CR7 debería devolverlle a pelota de ouro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario