Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 21 de maio de 2014
SEMÁFOROS.- O pasado sábado, cando fun coller ó Tito ó centro de San Rafael, teve a paciencia de contar os semáforos que se cruzan en Vigo pra chegar a aquel lugar, en total 16, dos cales 9 en verde e 7 en vermello. Outro día contarei os kilómetros percorridos mais acho que non pasa de 6 ou 7. En algún podes parar até tres veces dende que empezas a facer cola.
martes, 20 de maio de 2014
PESCA.- Fai corenta anos que collín esta afección e fun trocando de estilo, comenzando pola pesca con miñoca e cana longa do que aprendín moito co Chicho do Peñasco e co Camilo Smit do Banesto; en segundo paso, fun aprendendo a pescar ó saltón e mosca, co meu maestre Julio Mantecas; despoís pasei á pesca da mosca con boia no que me ensinou Suso Cerviño, e finalmente a pesca con cucharilla, do que aprendin moito co Gallardo. Desgraciadamente estos tres fantásticos pescadores de troitas xa morreron. Fai uns anos andaba coa moral baixa e apenas ia pescar despois do primeiro día, sexa pola carencia de capturas e picadas, sexa porque metínme mais a traballar na finca de Leiro, o caso é que o ano pasado e éste estoume adicando mais e consigo bastantes capturas. Esta e unha mostra, claro que vounas conxelando pouco a pouco. E xa teño outra boa fonte.
SÖREN KIERKEGAARD.- Este filósofo e teólogo danés do século XIX (1813-1855) ten sua obra marcada por dous extremos: un amor que rexeitóu derivado da educación estoica dada polo seu pai, que o afectaría durante toda a vida, pensando que podría producirse un milagre que fora poñelo en bandexa, e sua aversión pola filosofía hegeliana, derivada do seu cristianismo. Esta obra "Temor e tremor" deriva da sua interpretación do pasaxe bíblico en que Abraham é obrigado por Deus a sacrificar seu fillo Isaac, abandoando seu poboado e sua familia, sua muller Sara, pra marchar tres dias de viaxe e chegar ó monte Moriah. Decir que parece ser entre os xudeos de entón existía o costume de sacrificar ó fillo primoxénito para ofrecerllo a Deus. O caso é que a Abraham doíalle tal sacrificio e cando estaba no monte disposto a cumplir o mandato divino, cruzóuse un carneiro e pensando que era unha mensaxe sacrificóuno en lugar do fillo. Kierkegaard pregúntase na obra: 1) Pode Deus alterar a orde ética establecida? (É dicer, ¿pode ser considerado "bo" o intento de Abraham de sacrificar seu fillo, dado que, a pesar que foi un mandato divino, o sacrificio human é éticamente inaceptable?) Existe unha obriga moral absoluta de cumplir coa palabra de Deus? É defendible dende un punto de vista ético que Abraham quixera esconder seu propósito a Sarah, Eleazar e Isaac?. A foto de abaixo é a portada orixinal do libro.
SHOWBIÑAS EXPERIENCE.- Este é o novo grupo musical de Daniel, que veu o sábado a dar un concerto ó café Jam Session de Ourense. Ante un auditorio escaso, probablemente pola hora (22,30) pois a xente normalmente está ceando, no que éramos maioría os familiares (Carlos, Lola, Carlos Juan, Pin e eu meso) e amigos (Carlos Jaro, muller e filo), asistimos a unha hora pasada de música ben coordinada e afinada, cun sonido moi equilibrado, ainda que para min, ó menos dende o meu sitio, a voz do cantante soaba moi baixiño e apenas lle entendía. Da a impresión que son bos músicos.
SIÑAIS.- Seguro que a todos nos ten pasado algunha vez que por calquer motivo nos atopamos cunha sinal inexplicable que parece indicarnos algo, pero non o entendemos. Este sábado pasado cando viña de Vigo, de recoller a Tito, puden ver no ceo esta gran x formada pola estela de dous aviós que se cruzaron. Seguro que os nosos antepasados non puideron ollar unha sinal semellante até que comezou a aviación comercial no século XX, mais é posible que viran figuras formadas polas nubes e pensaran que eran mensaxes divinos.
mércores, 30 de abril de 2014
OCTAVIO PAZ.- Este grande poeta mexicano, no seu día premio Nobel das letras, caeu nas miñas maos coa obra Laberinto de la soledad, no que fai un análise da psicoloxía dos cidadáns mexicanos, que este ano 2014 declararon como ano do autor, por cumplirse o centenario do seu nacemento. Segundo a wikipedia Octavio Paz nasceu en plena revolución mexicana o que vai marcar sua vida e foi un seguidor do xeral Lázaro Cárdenas, quen despois da revolución o destinou a unha escola para obreiros e labregos, onde descubreu sua vocación poética. En 1937 estuvo en España apoiando ás brigadas internacionais contra o levantamento fascista de Franco e incluso militou no Partido Comunista Unificado de Catalunya. Polo que se refire a esta recomendable obra, fai unha perspectiva histórica dos méxicanos desde a sociedade precolonbina, a dominación española e as mudanzas despois da independencia. E dende o punto de vista da idiosincrasia dos mexicanos, en comparación de outros cidadáns, non só latinoamericanos, xenón do país mais influinte (USA) en México, e dos europeos.
luns, 21 de abril de 2014
SEMANA SANTA.- Esta costume relixosa anual, conmemora a morte e resurrección de Xesucristo fai máis de 2.000 anos. E do lado pagano coincide con catro dias festivos pra tomar unhas vacaciós e descansar do tedio diario. Fai una anos aprovechaba pra sair de viaxe ó extranxeiro cos fillos, Algarve, Londres, USA foron viaxes nesta época. Agora, despois do comezo da construcción da casa de Leiro, e da crisis económica esto acabóuse e normalmente quedo na casa, ou mellor digo, no piso de O Carballiño, este ano coa visita de Chicho e Mariví, e con Tito. Descanso familiar completo, boas enchentas e preparado pra a analítica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









