Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 30 de abril de 2014
OCTAVIO PAZ.- Este grande poeta mexicano, no seu día premio Nobel das letras, caeu nas miñas maos coa obra Laberinto de la soledad, no que fai un análise da psicoloxía dos cidadáns mexicanos, que este ano 2014 declararon como ano do autor, por cumplirse o centenario do seu nacemento. Segundo a wikipedia Octavio Paz nasceu en plena revolución mexicana o que vai marcar sua vida e foi un seguidor do xeral Lázaro Cárdenas, quen despois da revolución o destinou a unha escola para obreiros e labregos, onde descubreu sua vocación poética. En 1937 estuvo en España apoiando ás brigadas internacionais contra o levantamento fascista de Franco e incluso militou no Partido Comunista Unificado de Catalunya. Polo que se refire a esta recomendable obra, fai unha perspectiva histórica dos méxicanos desde a sociedade precolonbina, a dominación española e as mudanzas despois da independencia. E dende o punto de vista da idiosincrasia dos mexicanos, en comparación de outros cidadáns, non só latinoamericanos, xenón do país mais influinte (USA) en México, e dos europeos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario