domingo, 8 de setembro de 2013

CORRUPCION.- Sen deixar de mirar para sectores como a política, a xustiza ou mesmo o deporte, onde é endémica, a corrupción que hoxe poño por exemplo ven da mao da empresa PESCANOVA, ou mellor do seu presidente e fillo do fundador Manuel Fernández de Sousa, que demitiu recentemente, ainda que nas primeiras declaracións dixo que se iba pra favorecer a marcha da empresa, agora vánse sabendo algúns dos seus negocios apropiándose de cartos da empresa, en concreto a sua muller Maria Rosario Andrade tentou enviar máis de 4 millóns de euros dende unha conta en Portugal a nome dunha empresa do empresario imputado, a outra aberta pola señora na China, sendo dita operación bloqueada polo xuiz que leva o caso. Estos delincuentes de garabata e colo branco, educados en colexios e universidades de pagamento, residenciados nos bairros mellor considerados das suas cidades, ainda non teñen delitos específicos no Código Penal e viven ceives como paxaros, a conta de fundir empresas e accionistas. Qué pensaría "Rodolfo Langostino" si levanta sua cabeza e decindo "lo bueno sabe bien" olla cómo este par de cabróns escapa co forrollo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario